O BNG coas e cos mariñeiros do cerco e as súas familias

O BNG coas e cos mariñeiros do cerco e as súas familias

A Coruña, 14 de xaneiro de 2016.- O Grupo Municipal e o Consello Local do BNG, encabezados pola concelleira Avia Veira e o Responsábel Local David Pena, mantiveron esta mañá, horas previas á reunión que terá lugar en Madrid onde se realizará a asignación de cotas para o conxunto do Estado, un encontro cos mariñeiros do cerco a as súas familias que están pechados no Concello da Coruña e no lles trasladaron o seu apoio.

O Grupo Municipal e Consello Local do BNG trasladou o seu apoio aos mariñeiros do cerco e as súas familias pechados no Concello da Coruña

Tal e como xa fixo a Executiva Nacional do BNG este pasado mércores no concello de Bueu, o Grupo Municipal e o Consello Local da Coruña puxéronse a disposición dos mariñeiros e das súas familias e amosáronlle o seu apoio ás demandas de reclamar un reparto xusto das cotas de pesca que lles permita vivir do seu traballo

Esta mañá mantiveron unha reunión nas dependencias municipais onde están pechados na que se comprometeron a defender ás súas demandas

marinheiros_cerco_2O BNG entende que o cambio de modelo que se levou a cabo hai dous anos, que supuxo pasar dun reparto lineal igual para todos a outro onde os supostos dereitos históricos concentran o 70% da cota de pesca nun número reducido de embarcacións, deu lugar a ruína do resto da flota. Deste xeito, e finalizado o período de proba destes dous anos quedou demostrado que este novo modelo penaliza precisamente a quen respectou as normas e fixo unha xestión máis sostible e responsable dos recursos pesqueiros, non outros que os mariñeiros e mariñeiras galegas. “O modelo significa privatizar o dereito de pesca e non garante a viabilidade económica de armadores e mariñeiros galegos”, conclúe o BNG.

O BNG coas e cos mariñeiros do cerco e as súas familias