O BNG amosa o seu rexeitamento rotundo ao anuncio de despedimento colectivo de Alcoa

O BNG amosa o seu rexeitamento rotundo ao anuncio de despedimento colectivo de Alcoa

xose 4A Coruña, 1 decembro de 2014- O Grupo Municipal do BNG amosa o seu rexeitamento rotundo ao anuncio de despedimento colectivo de Alcoa na súa planta da Coruña. As nacionalistas sinalan que A Coruña non se pode permitir o luxo de perder unha empresa como Alcoa e centos de postos de traballo directos e indirectos, cando Galiza é o segundo produtor eléctrico do Estado e é excedentario nesta enerxía. De aí que o BNG advirta de que a solución pasa por que Galiza poida deseñar a súa propia política tarifaria, que recoñeza a nosa especialización produtiva co fin de favorecer a consolidación das empresas existentes e a localización doutras novas.

O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o que acontece en Alcoa é consecuencia de termos un goberno galego carente de política industrial e un goberno central que aposta por unha política tarifaria totalmente prexudicial para Galiza.

O BNG amosa o seu rexeitamento rotundo ao anuncio de despedimento colectivo de Alcoa