O BNG amosa o seu malestar pola celebración da feira taurina

O BNG amosa o seu malestar pola celebración da feira taurina

A Coruña, 18 de setembro de 2014- Despois de que o Goberno do Sr. Negreira afirmara na mañá de hoxe que hai unha empresa interesada en organizar a feira taurina, que “de momento reúne as condicións que se piden” e que “as mesa de contratación abriu onte os sobres coa parte técnica, e en principio non hai problema”, o Grupo Municipal do BNG volve amosar o seu malestar por que o Concello da Coruña impulse e subvencione pola porta de atrás unha actividade bárbara que mutila un ser vivo e que nada ten a ver coa tradición de Galiza.

As nacionalistas critican profundamente o afán do Sr. Negreira por organizar sexa como for esta aberración á moral e ao senso máis básico de respecto e de protección dos animais e que conta co rexeitamento da inmensa maioría do pobo. E é que a través dos pregos que regulan a licitación para a adxudicación do contrato para a organización e explotación da feria taurina o Partido Popular facilitoulle ás empresas que se presentaran ao concurso despois de que a hai tres meses ficase deserto. O Grupo Municipal do BNG denuncia ao respecto que o Goberno do Sr. Negreira rebaixou un 60% o canon a pagar pola empresa, dos 2.500 euros que exixía hai tres meses aos 1.000 euros que exixe agora para que as touradas poidan ter lugar.

 

O BNG amosa o seu malestar pola celebración da feira taurina