O BNG advirte de que aínda non é público o Plan de Mobilidade do Urbana C

O BNG advirte de que aínda non é público o Plan de Mobilidade do Urbana C

A Coruña, 9 de abril de 2014.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego advirte de que aínda non é público o Plan de Mobilidade do Urbana C, máis aló das seis medidas anunciadas polo Sr. Flores a finais de febreiro.

“Naquela altura, xa denunciamos que a participación cidadá da que se gababa o  Goberno do Sr. Negreira neste Plan de Mobilidade do Urbana C, adxudicado por 52.000 €, era unha falsidade pois acudiu no seu día ás AAVV sen unha diagnose feita e apareceu logo coa diagnose e as medidas xa concluídas. Tamén criticamos que as seis medidas que se anunciaran era escasas e non priorizaban nin o transporte público nin os peóns”, afirman as nacionalistas.

O Goberno municipal aínda non aclarou se este documento, realizado por unha empresa diferente á que redactou o Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel, está integrado dentro do PMUS ou se se trata dun documento aparte

O BNG da Coruña manifesta que o Goberno Local aínda non aclarou se este documento, que foi redactado por unha empresa diferente á que redactou o Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel, está integrado dentro do PMUS ou se trata dun documento aparte.

As nacionalistas salientan que as únicas medidas que se refiren especificamente á zona que abrangue o Urbana C recollidas no Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel son: a inclusión da Agra do Orzán dentro do Plan de Acción contra o Ruído como unha zona con altamente afectada polo ruído, e a instalación de tres bases novas de Bicicoruña: unha no Ágora, outra no parque da Agra -que aínda non existe- e outra na praza Mosteiro de Cines.

No que se refire a esta última base, as nacionalistas pregúntanse por que non aparece reflectida esta instalación dentro do proxecto que o Goberno municipal sacou a licitación no día de onte por valor de medio millón de euros.

O BNG advirte de que aínda non é público o Plan de Mobilidade do Urbana C