Avia Veira: “Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"

Avia Veira: “Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"

A Coruña, 12 de febreiro de 2016.- O Grupo Municipal do BNG sinala, tras o  anuncio desta mañá do alcalde Xulio Ferreiro da ruptura das negociacións co PSOE sobre o orzamento municipal, que está disposto a falar de propostas para facer ns orzamentos que fagan posíbel a posta en marcha de políticas novas.

Avia Veira: “Estamos dispostos a falar de propostas para facer uns orzamentos que fagan posíbel a posta en marcha de políticas novas”

“É por isto que o BNG manifesta a súa disposición a falar co obxecto de elaborar unha proposta de orzamentos. Isto foi o que motivou, a semana pasada, cando se enquistaron os posicionamentos da Marea Atlántica e o PSOE, que os convocásemos para chegar a puntos en común e facer efectiva a aposta que as tres forzas fixemos polo cambio de políticas na cidade, apoiando en xuño a investidura de Xulio Ferreiro ”, sinala Avia Veira.

O Grupo Municipal do BNG agradécelle ao Goberno municipal o convite para participar no diálogo sobre os orzamentos pero advírtelle que calquera proposta que aposte por políticas novas é incompatíbel co PP

Momento da intervencion de Avia Veira diante os medios na convocatoria da reunión da semana pasada

Así, o Grupo Municipal do BNG subliña a súa disposición a poñerse a traballar canto antes nunha proposta de orzamentos. “Xa que o tempo perdido durante estes últimos dous meses e medio, entre “idas e voltas” da Marea Atlántica e PSOE, é irrecuperábel, cremos que hai que poñerse a falar e a traballar para que canto antes se aprobe una proposta antes poderán aplicarse políticas novas, dirixidas ás persoas, con investimentos en servizo sociais públicos, que loiten contra a pobreza, que invistan nos barrios a través de orzamentos participativos, unhas contas que sirvan para dinamizar o pequeno comercio, os mercados municipais, e, que, en definitiva, muden as políticas destes últimos anos”, conclúe Avia Veira.

O BNG está disposto a comezar a elaborar a proposta de orzamentos canto antes por mor do tempo perdido estes meses

Así pois, as nacionalistas lémbranlle que o mandato destes últimos anos do PP caracterizouse pola aplicación de políticas antisociais, sen investimentos reais nas persoas nin nos barrios, polo que se preguntan que obxecto tería facer partícipes da elaboración dos próximos orzamentos.

Por outra banda, o BNG lamenta terse enterado da ruptura definitiva das negociación e do ofrecemento do Goberno municipal a través da prensa. “Gustariamos que se nos tivera comunicado directamente o ofrecemento a participar da elaboración dos orzamentos. Do mesmo xeito que nos comunicamos o noso ofrecemento e convocamos a Marea e PSOE a semana pasada de xeito formal, hoxe poderíasenos ter avisado do novo escenario e do ofrecemento”, critican as nacionalistas.

 

Estracto da rolda de prensa do BNG da semana pasada a respecto da negociación dos orzamentos

Corte Avia

 

 

 

 

 

 

Artigos relacionados

Avia Veira: “Estamos dispostos a falar de propostas para facer os orzamentos canto antes"