REUNIÓN NA NOSA OFICINA EN MARÍA PITA

Asumimos unha iniciativa cidadá como proposta de Declaración Institucional sobre o tren

Reunión BNG cidadáns tren
. O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, e o secretario de Organización da formación nacionalista na cidade, Fran Rei, mantiveron esta mañá un encontro, na oficina do Bloque no pazo municipal, con representantes dun colectivo cidadá de persoas interesadas na mellora do tren de media distancia no noso país.

Este colectivo achegounos unha proposta de Declaración Institucional, cuxo contido o BNG partilla absolutamente, e comprometémonos a lle dar traslado ao resto de grupos municipais para que poda ser asumida no próximo Pleno do Concello, a se realizar o xoves 7 de abril.

“A media distancia como modalidade sustentábel de transporte público colectivo con velocidades competitivas pode e debe ser un elemento clave para que as cidades galegas –e, en especial, A Coruña, con 400 mil habitantes na súa área metropolitana- conformen a gran área urbana do noroeste da Península”, indícase no texto.

Entre as demandas que figuran na proposta de Declaración Institucional aparece a restitución dos servizos ferroviarios eliminados como consecuencia da pandemia e da chegada do AVE a Galiza, medida que tería de ir acompañada, nos servizos de Media Distancia e Avant, da necesaria adaptación das frecuencias visando facilitar a súa utilización nos horarios habituais de entrada e saída dos traballos.

Demándase igualmente manter unha oferta de servizos de media distancia entre as cidades galegas que poda convivir, sen mingua de calidade, co AVE, e que, por tanto, teña en conta as necesidades das e dos usuarios que utilizan o ferrocarril como medio de transporte para acudiren aos seus centros de traballo.

Garantir a puntualidade dos servizos de media distancia e Avant e unha política tarifaria que axeite o prezo dos abonos “á realidade socioeconómica actual” é outra das reivindicacións desta proposta que o BNG cualifica de xusta e razoábel.

Asumimos unha iniciativa cidadá como proposta de Declaración Institucional sobre o tren