O arquitecto municipal confirma que o proxecto de Copasa para o Parrote é ilegal

O arquitecto municipal confirma que o proxecto de Copasa para o Parrote é ilegal

A Coruña, 1 de setembro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG informa que nun informe asinado polo arquitecto municipal Óscar Peña, de data 22 de agosto, e conformado polo director de Urbanismo Otero Grille sobre as alegacións do BNG á licenza para aparcadoiro no peirao do Parrote, sendo a súa peticionaria a Sociedade Anónima de Obras y Servicios Copasa, sinálase que no referido á alegación do BNG tocante á ocupación da zona verde, “A reorganización do tráfico na superficie na fronte da Mariña si que invade a zona verde calificada no PEPRI vixente, nunha franxa de, aproximadamente, 4,50 de largo x 130 m de longo…Polo tanto, á vista do anterior, considérase que as actuacións de urbanización cara á reordenación do tráfico en superficie proposta na fronte da Mariña, que afectan á zona verde, son incompatíbeis coas determinacións do planeamento vixente de aplicación”.

O BNG, no seu escrito de alegación ao proxecto de Copasa para O Parrote, manifestaba que a nova reodernación do viario para o accesos ao aparcamento, ocupaba parcialmente os xardíns da Mariña, calificados polo planeamento vixente como espazo libre público, polo cal o proxecto do Parrote presentado por Copasa é ilegal. Tal ocupación de zona verde denunciada polo BNG confírmase polo arquitecto municipal, o cal sinala no seu informe que queda acreditado nunha montaxe superposta de planos realizada na propia oficina técnica municipal.

Isto confirma o alegado polo BNG respecto da ilegalidade do proxecto (achégase documento de alegacións), así na alegación segunda sobre infracción do planeamento urbanístico de aplicación, no seu punto 2 o BNG dicía: “Como consecuencia do sistema de accesos ao túnel (e da bifurcación que se menciona) elo obriga a ensanchar o ancho de viario no tramo de entrada e, a consecuencia delo, a ocupar parte do espazo actualmente destinado ao parque (cualificado como EL, espazo libre público) así como no tramo de saída (modificando o sistema viario estabelecido no Plan Especial do Porto), razón pola cal o Concello, sendo conscente da palmaria ilegalidade de actuación, tramita na actualidade modificacións pontoais de ambos instrumentos de planeamento (PERI e Plan Especial). A reordenación do viario que se prevé no documento e que serve de soporte aos accesos/saídas do aparcadoiro e do viario soterrados infrinxen manifestadamente tanto o PERI da Zona Vella (ocupando solo cualificado como espazo libre/zona verde) como o propio sistema viario do Plan Especial do Porto acutalmente vixentes, tal e como se precisa nos planos de situación seguintes…”

Toda vez que o proxecto incumpre o planeamento urbanístico vixente a licenza debe ser denegada expresamente polo Concello.

O arquitecto municipal confirma que o proxecto de Copasa para o Parrote é ilegal