HOTEL ATLÁNTICO

O aproveitamento futuro do Hotel Atlántico e a renuncia de dotar de máis servizos públicos á cidade

Vista exterior do Hotél Atlántico (foto Wikimedia Commons)
Vista exterior do Hotél Atlántico (foto Wikimedia Commons)

A adxudicación do alugueiro do Atlántico reflicte perfectamente a ausencia de ideas innovadoras e proxecto de cidade da Marea Atlántica pola súa aposta continuadora de que o inmóbel siga destinado a hotel, coa gravidade de que non está garantida a subrogación do persoal

Denunciamos que o Goberno local xustificou nos pregos a súa decisión continuadora de que o inmóbel estivese destinado a hotel “en aras de evitar un menoscabo na oferta hoteleira da nosa cidade” mais cremos que non é obriga das Administracións Públicas, e menos da local, garantir a oferta hoteleira mais si dotar ou facer todas as xestións oportunas para dotar A Coruña de servizos públicos que melloren a vida da súa poboación e apuntan a que o inmóbel ten unha configuración ideal para ser un centro destinado á terceira idade e para a mocidade

O Goberno Local non consultou con nós esta decisión de sacar a concurso o aluguer do Hotel Atlántico que foi tomada de xeito absolutamente unilateral por parte da Marea Atlántica

É realmente chamativa a teima do Executivo Local de poñer a escusa de que co rendemento deste aluguer as coruñesas e os coruñeses van desfrutar dun millón e medio de euros máis no orzamento mais non explica para que o vai destinar

O aproveitamento futuro do Hotel Atlántico e a renuncia de dotar de máis servizos públicos á cidade

Diante da adxudicación do alugueiro do Hotel Atlántico, sinalamos que esta decisión reflicte perfectamente a ausencia de ideas innovadoras e proxecto de cidade da Marea Atlántica pola súa aposta continuadora de que o inmóbel siga destinado a hotel coa gravidade de que non está garantida a subrogación do persoal.

Coa decisión de continuar co uso hoteleiro do inmóbel situado na avenida do Porto, o Goberno local é absolutamente continuadora coa decisión tomada pola Corporación municipal no ano 1967 que lle adxudicou a Parisiana S.A a construción dun novo hotel nos terreos municipais no daquela, paseo de Méndez Núñez. Non tivo o Goberno Local ningunha outra idea de uso do inmóbel para ningún servizo público, como centro de día ou residencia non só de terceira idade senón tamén como aloxamento para mocidade que se poderían poñer en marcha co acordo con outras Administracións e cun cambio no planeamento.

Así denunciamos que o Goberno local xustificou nos pregos a súa decisión continuadora de que o inmóbel estivese destinado a hotel “en aras de evitar un menoscabo na oferta hoteleira da nosa cidade”. Porén, cremos que non é obriga das Administración públicas, e menos da local, garantir a oferta hoteleira mais si dotar ou facer todas as xestións oportunas para dotar A Coruña de servizos públicos que melloren a vida da súa poboación.

Así mesmo, a sinalamos que o Goberno Local non lle consultou de ningún xeito nin lle transmitiu a súa intención de sacar a concurso o aluguer do Hotel Atlántico mais que a través da Xunta de Goberno Local toda vez que a decisión era firme e que foi tomada de xeito absolutamente unilateral por parte da Marea Atlántica.

Así mesmo e toda vez que o Goberno Local decide conscientemente que o inmóbel se siga destinando a hotel, somos moi críticos con que a figura xurídica fose a do concurso de arrendamento xa que non existe no expediente que se levou a Xunta de Goberno Local nin no Perfil do Contratante informe legal ningún que sinale a maior ou mellor oportunidade de optar polo concurso de arrendamento e non por outro coa gravidade de que a opción elixida non garante a subrogación do persoal.

Por último, cualificamos de “escusa de mal pagador” a teima da Marea Atlántica de repetir que as coruñesas e os coruñeses contarán cun millón e medio de euros no orzamento polo aluguer do hotel Atlántico e que o Executivo Local tampouco explica para que o vai destinar.

A Coruña, 11 de xullo de 2018.

O aproveitamento futuro do Hotel Atlántico e a renuncia de dotar de máis servizos públicos á cidade