#OBNGNARÚA

Apoiamos a concentración das traballadoras do BBVA contra o ERE que pon na rúa 20% do persoal

Avia Veira e Francisco Jorquera
Avia Veira e Francisco Jorquera
O noso portavoz en María Pita, Francisco Jorquera, e a nosa concelleira Avia Veira acompañaron na tarde do luns, no Cantón Pequeno, a concentración de traballadorxs contra os despedimentos no BBVA.
Apoiamos a concentración das traballadoras do BBVA contra o ERE que pon na rúa 20% do persoal

Coa coartada da pandemia, e pese aos seus beneficios multimillonarios no primeiro trimestre do ano, o banco tenciona pór na rúa 20% do persoal. Solidarízamos cos traballadorxs fronte a un ERE non ten máis xustificación que o desexo do banco de maximizar beneficios aínda que sexa a custa doa dereitos do persoal.

Concentracion

"Máis servizos e menos beneficios", "O noso sacrificio, o seu beneficio" e Servizos á clientela e non corruptela" foron algúns dos cánticos dxs traballadores na concentración diante da sede do BBVA no Cantón Pequeno. Cánticos que desde logo facemos nosos.

Apoiamos a concentración das traballadoras do BBVA contra o ERE que pon na rúa 20% do persoal