Apoiamos a concentración das peiteadoras en María Pita a reivindicaren que se lles restitúa o IVE do 10%

Avia Veira coas peiteadoras
Avia Veira departe coas peiteadoras
A concelleira do BNG Avia Veira estivo esta mañá presente na concentración que peiteadoras e peiteadores da cidade realizaron na Praza de María Pita en demanda de que se lles restitúa o IVE reducido do 10%.
Apoiamos a concentración das peiteadoras en María Pita a reivindicaren que se lles restitúa o IVE do 10%

Foi un goberno do PP quen, en 2012, elevou ao 21% o IVE que soportan os salóns de peiteados. En teoría ía ser unha suba temporal. PSOE e Unidas Podemos prometeron na oposición que restituirían o IVE reducido. Non o fixeron até agora, o que leva as peiteadoras a desenvolver accións de protesta.

O BNG ve xusta esta reivindicación, nomeadamente nun tempo, o da pandemia, que castigou moito este sector, até o punto de que podería chegar a provocar o fechamento de 30% dos establecementos. Na Coruña están abertos por volta de 500 salóns de peiteados.

Cumpre lembrar que entre as propostas postas sobre a mesa polo grupo municipal do BNG para o Presco 2021 figura a inclusión dunha liña de axudas dirixida precisamente aos salóns de peiteados, excluídos do Presco 2020.

Apoiamos a concentración das peiteadoras en María Pita a reivindicaren que se lles restitúa o IVE do 10%