ACCIÓN FEMINISTA

25 de novembro: cambiou algo nestes últimos 60 anos?

Poxección da película "In the time os the butterflies" e debate posterior moderado por Yolanda Naya, Responsábel de Acción Feminista do Consello Local do BNG da Coruña, e introducido por Margarida Corral, Secretaria Confederal da Muller da CIG.

O 25 de novembro de 1960 celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa Resolución 50/134 o 17 de decembro de 1999, en memoria das irmás Mirabal asasinadas por orde do ditador dominicano Rafael Leónidas Trujillo.

Preguntámonos se cambiou algo nestes xa case 60 anos desde este #Feminicidio e que podemos facer no día a día para erradicar da nosa sociedade a #ViolenciaMachista

25 de novembro: cambiou algo nestes últimos 60 anos?

 

📅

Xoves, 23 de novembro.

🕖

19.00 h.

🏠

 

Local comarcal do BNG (rúa Damas 4. Cidade Vella)

 

Actividade co gallo da celebración do Día Internacional para a eliminacion da Violencia contra as Mulleres.

 

25 de novembro: cambiou algo nestes últimos 60 anos?