O TSXG confirma a legalidade da decisión do anterior Goberno de denegar as licenzas en Sto. Amaro

O TSXG confirma a legalidade da decisión do anterior Goberno de denegar as licenzas en Sto. Amaro

A Coruña, 12 de marzo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG sinala que por se aínda non se enterou o Goberno Local, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza o que fai coa recente sentenza 153/2014, de 20 de febreiro, é confirmar a legalidade da decisión do anterior Goberno Municipal (do que formaba parte o BNG) de denegar as licenzas de obra solicitadas por promotoras que son as mesmas ás que o Goberno Municipal do Partido Popular pretende compensar por un aproveitamento urbanístico que non teñen consolidado.

O BNG lembra que votou en contra, e o PP a favor, do traslado de edificabilidade da Agra de Santo Amaro a Durmideiras que se concreta no PXOM de 2013, que é unha das causas de nulidade que alega o BNG no seu recurso contencioso-administrativo contra o PXOM ante o TSXG.

Visto o visto, sinalan as nacionalistas, como se atreve o PP a dicir que está a protexer a Torre de Hércules e a súa contorna. O BNG non aprobou ningún dos documentos urbanísticos da Agra de Santo Amaro e o PP, pola contra, votou en contra das reiteradas solicitudes de revisión de oficio dos Estudos de Detalle de 2001 e 2002 e do proxecto de reparcelación.

O TSXG confirma a legalidade dunha decisión do Goberno municipal anterior

A recente sentenza do TSXG o que confirma é a legalidade da decisión do anterior Goberno Municipal (do que formaba parte o BNG) de denegar as licenzas de obras solicitadas polas promotoras. Polas mesmas promotoras ás que o Goberno Municipal pretende compensar por un aproveitamento urbanístico que non teñen consolidado.

O BNG votou en contra, e o PP a favor, do traslado de edificabilidade de Santo Amaro a Durmideiras concretado no PXOM, que é un dos motivos do recurso contencioso-administrativo do BNG ante o TSXG

O BNG votou en contra, e o PP a favor, do traslado da edificabilidade da Agra de Santo Amaro concretado no PXOM. De feito é unha das causas de nulidade do PXOM que o BNG alega no recurso contencioso-administrativo en trámite ante o TSXG.

É inaudito e con descaro, afirman as nacionalistas, que diga o Goberno municipal, a través do seu portavoz o Sr. Flores, que "ahora estamos trabajando para que esos derechos de edificación no se produzcan en ningún entorno cercano a la Torre de Hércules" cando o PXOM aprobado polo PP recoñece a materialización de dita edificabilidade na contorna inmediata da Torre.

O BNG non aprobou ningún dos documentos urbanísticos da Agra de Santo Amaro e o PP, pola contra, votou en contra das reiteradas solicitudes de revisión de oficio dos Estudos de Detalle de 2001 e 2002 e do proxecto de reparcelación

O BNG non aprobou ningún dos documentos urbanísticos da Agra de Santo Amaro. Votou en contra do PXOM de 1998 (onde se delimitaba o polígono co aproveitamento correspondente) e tamén votou en contra da ordenación detallada do ámbito (ordenado mediante Estudo de Detalle redactado polo actual director de urbanismo, César Grille). Tampouco apoiou, xa no goberno, a aprobación, no 2008, do proxecto de reparcelación.

Pola contra, o PP votou en contra das reiteradas solicitudes de revisión de oficio do ED e do proxecto de reparcelación.

Non son bloques de 50 metros de altura, senón B+7, algo que llo pode confirmar o director de urbanismo, por ser autor do Estudo de Detalle

Por último, BNG lémbralle ao Goberno local, e ao Sr. Flores en concreto, que antes de falar lea ben as cousas, porque o Goberno municipal está a falar de que na Agra de Santo Amaro ían ir bloques de 50 metros de altura (que corresponderían a edificios de 17 andares), cando son de B+7. Mais se ten dúbidas o Goberno, que llo pregunte ao seu Director de urbanismo, César Grille, que foi quen elaborou o Estudo de Detalle.

O TSXG confirma a legalidade da decisión do anterior Goberno de denegar as licenzas en Sto. Amaro