A subvención do Estado ao bus cae nun 17% á vez que o Concello incrementa as axudas á Cía de Tranvía

A subvención do Estado ao bus cae nun 17% á vez que o Concello incrementa as axudas á Cía de Tranvía

busesA Coruña, 18 de decembro de 2013.- O Grupo Municipal do BNG revela os datos de subvención do Estado ao transporte colectivo no 2013, uns datos que certifican un recorte do 17%. Así, mentres no 2012 o Concello recibiu 1.423.688,18 euros en subvencións do Estado para o bus, neste 2013 recibe só 1.217.253,08 euros. Malia recibir menos subvencións do Estado, o Concello subvenciona con máis cartos municipais a Compañía de Tranvías, aumentando os seus beneficios millonarios, e permítelle que encareza as tarifas do bus.

Para rachar con este desfase que prexudica o pobo e beneficia os negocios da empresa, o Bloque insiste en esixirlle ao Goberno do Partido Popular a revisión da concesión da Compañía de Tranvías. Mentres o Goberno do Sr. Negreira non revise a concesión, as axudas municipais á Compañía de Tranvías irán a máis e os billetes seguirán a encarecerse.

O BNG pedíralle ao Goberno municipal que corrixira a previsión previsión de ingreso de subvencións estatais nos orzamentos de 2013, que ascendía a 1.900.000 euros

O BNG denuncia que os orzamentos municipais de 2013 recollían unha previsión de ingreso de subvencións estatais ao bus de 1.900.000 euros. Precisamente, as nacionalistas pediran a corrección desta previsión atendendo ao histórico destas axudas municipais. E é que en 2010, A Coruña recibía 2.093.748,74 euros do Estado para o autobús; en 2011, a cantidade reduciuse a 1.934.824,44 euros e en 2012, o recorte era aínda maior, con 1.423.688,18 euros.

As nacionalistas explican que a conta desta subvención se estabelece en función da documentación que remitiu o Concello e que contén os datos de xestión do servizo (resultados de explotación da concesionaria) e das subvencións municipais á Compañía de Tranvías.

A subvención do Estado ao bus cae nun 17% á vez que o Concello incrementa as axudas á Cía de Tranvía