O BNG teme que o tren non estea presente no PMUS

O BNG teme que o tren non estea presente no PMUS

A Coruña, 25 de febreiro de 2014.- O Grupo Municipal do BNG teme que o tren non estea presente dunha forma importante no Plan de Mobilidade Urbana Sustentábel da Coruña que mañá se presentará aos grupos municipais da Corporación municipal por parte da concelleira de tráfico Begoña Freire.

Tememos que non se teña en conta o tren, entre outros motivos, porque a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas non foi consultada para a elaboración do PMUS

E é que as nacionalistas souberon que a Plataforma en Defensa do Tren da Coruña e As Mariñas, entidade que aglutina a colectivos sociais e veciñais da comarca, non foi consultada para participar na elaboración do PMUS. Así, o BNG sinala que en dito plan debería estar presente o tren, e en concreto o tren de proximidade, cunha serie de medidas a curto e medio prazo co obxectivo de que as administracións competentes desenvolvan o servizo de proximidade que redundaría na mobilidade da veciñanza da Coruña e da súa comarca.

As nacionalistas salientan que as solucións aos problemas de mobilidade que padece a cidade e a comarca pasan, entre outras, polo transporte público a nivel comarcal e nos medios de transporte alternativos ao coche. E nos transportes alternativos ao vehículo privado un servizo de tren de proximidade, lembran as nacionalistas, non implicaría o emprego de grandes investimentos e recursos, pois xa existe a infraestrutura, e facilitaría o movemento e o transporte entre a cidade e concellos importantes da comarca, os polígonos industriais, o campus de Elviña etc. Para isto sería importante que este actuase baixo as claves de frecuencias, horarios, prezos asequíbeis e complementariedade co transporte público por estrada.

O BNG teme que o tren non estea presente no PMUS