O BNG presenta unha denuncia urbanística contra o novo mamotretiño do Parrote

O BNG presenta unha denuncia urbanística contra o novo mamotretiño do Parrote

parroteA Coruña, 19 de xuño de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de presentar por rexistro unha denuncia urbanística en relación co novo “mamotretiño” que se está a levantar ao pé da estrutura metálica do elevador, unha obra que causa un enorme impacto visual sobre o Castelo de Santo Antón e sobre a baía da Coruña. O Bloque ampara a súa denuncia no feito de que esta nova instalación non está contemplada nin no estudo de detalle do Parrote nin no proxecto de concesión a COPASA.

Ademais de ser ilegal por non estar contemplada no estudo de detalle nin no proxecto de concesión, as nacionalistas sinalan que non se pode pretender xustificar esta obra para a saída do aire do aparcadoiro cando precisamente debaixo da superficie comercial non está o aparcadoiro soterrado.

Na denuncia urbanística, o Grupo Municipal do BNG exíxelle ao Sr. Negreira a inspección e mais o axuste das obras ao autorizado.

O BNG presenta unha denuncia urbanística contra o novo mamotretiño do Parrote