O BNG lembra o seu posicionamento en contra da construción do Museo da Automoción no parque de Bens

O BNG lembra o seu posicionamento en contra da construción do Museo da Automoción no parque de Bens

A Coruña, 22 de xuño de 2015.- O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello da Coruña lembra que xa manifestara o seu desacordo coa cesión de terreos municipais no parque de Bens á Fundación Jorge Jove para a construción dun Museo de Automoción, xa que o devandito museo situábase nunha zona verde, eliminando unha importante superficie verde.

A formación nacionalista sinala que este posicionamento en contra da construción do Museo da Automoción no parque de Bens tamén foi plasmado no programa electoral co que o Bloque Nacionalista Galego-Asembleas Abertas da Coruña concurriu ás Eleccións Municipais. Así, o Bloque recollía no seu programa electoral a necesidade de preservar os espazos verdes fronte a actuacións que só benefician a grandes promotores urbanísticos, como é este caso no que se pretendían cederlle terreos á Fundación Jorge Jove nun espazo de especial protección paisaxística, como é o parque de Bens, para a construción dun Museo da Automoción.

Precisamente, a cesión dos terreos para a construción do Museo da Automoción no parque de Bens foi unha das cuestións sobre as que desde o BNG reparamos no noso recurso contra o PXOM

“A cesión destes terreos son froito dun convenio contemplado no PXOM actual que nós no compartimos. De feito, esta foi unha das cuestións sobre as que desde o BNG reparamos no recurso xudicial que presentamos contra o PXOM, e que aínda estamos pendentes de que resolva o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza”, manifesta a concelleira nacionalista Avia Veira.

O BNG lembra o seu posicionamento en contra da construción do Museo da Automoción no parque de Bens