O BNG destaca a importancia de estudar o impacto laboral da municipalización do servizo da ORA

O BNG destaca a importancia de estudar o impacto laboral da municipalización do servizo da ORA

la foto (3)A Coruña, 16 de xuño de 2015.-  En relación co publicado sobre o informe que o Goberno da Marea Atlántica lle pediu á Asesoría Xurídica do Concello acerca da municipalización do servizo da ORA e, o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego da Coruña pon de relevo a importancia de estudar o impacto laboral que este proceso vaia ter sobre uns servizos que contan aproximadamente cun cento de traballadoras e traballadores.

O informe encargado á asesoría xurídica sobre a municipalización da ORA deberá incidir nas consecuencias laborais e as alternativas para as traballadoras e os traballadores

Para o Bloque, o informe non só deberá incidir sobre as consecuencias económicas ou xurídicas que a municipalización poida suporlle ao Concello senón tamén a importancia das consecuencias e das alternativas para as persoas que traballan no servizo da ORA.

O BNG destaca a importancia de estudar o impacto laboral da municipalización do servizo da ORA