vedra
A ampliación da Vedra, a mobilidade na cidade e a Renda Social as nosas preguntas para o Pleno de abril

A ampliación da Vedra, a mobilidade na cidade e a Renda Social as nosas preguntas para o Pleno de abril

Solicitamos ao Goberno da Marea Atlántica que explique en Pleno cal é o seu posicionamento a respecto da ampliación da Vedra

Como segunda cuestión preguntaremos se o Goberno municipal coincide coas reclamacións expresadas por diversas entidades a respecto da reformulación de liñas do transporte público urbano e a mobilidade na Coruña

Por último tamén queremos saber se o Goberno da Marea Atlántica considera necesario revisar e mellorar a Ordenanza que regula a Renda Social Municipal

Ler nova
A innecesaria ampliación da avenida da Vedra, os paracaidistas e as políticas de cemento e formigón... mais a mobilidade segue esquecida

A innecesaria ampliación da avenida da Vedra, os paracaidistas e as políticas de cemento e formigón... mais a mobilidade segue esquecida

O PP quere tirar réditos electorais a golpe de chequeira anunciando grandes obras e infraestruturas desde o Goberno do Estado mais sen atender realmente os problemas de mobilidade

Reafirmámonos en que non é tal a necesidade da ampliación da avenida da Vedra 

Diante dos problemas reais de mobilidade na Coruña e na área metropolitana, para nós a solución é planificar un transporte público intermodal cun servizo de proximidade por tren e cun autobús pensado para cubrir as necesidades da xente

Entendemos que a solución para a aliviar o tránsito na Vedra non é ampliar carrís senón repartir antes o tráfico coa conexión da AP-9 co aeroporto e, polo tanto, coa Terceira Rolda

Queremos advírtelle ao Partido Popular que se equivoca se pensa que as coruñesas e os coruñeses van esquecer coa súa chequeira que o Estado pretende vender por anacos a cidade (terreos do Campo da Estrada, os terreos da Solana e do Finisterre, peiraos interiores etc), que temos serias deficiencias nos servizos ferroviarios para conectarnos coa comarca ou que precisamos investimentos que redunden no emprego como o da limpeza da ría do Burgo ou a conexión ferroviaria do Porto Exterior, para os que non se dá tanta presa o Goberno de M.Rajoy

Ler nova

Desmontando a suposta necesidade da ampliación da Vedra

Iniciamos unha campaña para facer fincapé en que as solucións aos problemas reais de mobilidade da Coruña e da súa área urbana pasan por priorizar o transporte público intermodal sobre o asfalto e o coche: unha mobilidade do século XXI

Co primeiro dos vídeos presentado hoxe, desmontamos a suposta necesidade da ampliación da avenida da Vedra e incidimos en que as solucións aos problemas reais de mobilidade na Coruña e na súa Area Metropolitana pasan por apostar por un transporte público intermodal fundamentalmente a través dun servizo de proximidade por tren e por autobús

Entendemos que en determinadas ocasións na avenida de Alfonso Molina pode haber retencións debidas a alcances mais a realidade diaria é a que amosamos no vídeo que hoxe presentamos: pódese percorrer a avenida de xeito fluído, sen retencións ou paradas, respectando os límites de velocidade e cun transito de vehículos normalizado en 5 minutos, algo que desmonta a teoría do seu colapso permanente e que so responde a intereses especulativos de Audasa defendidos polo Partido Popular e o Ministerio de Fomento

Ler nova