transparencia
Entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas

Entendemos que é inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas

Reclamámoslle á Marea Atlántica que se faga cargo da asunción de responsabilidades, da ética e da radicalidade democrática que tanto propugnou

É inxusto que unicamente dimita unha funcionaria por un concurso de compra de vivendas para aluguer social no que non interveu ela soa: quen asina a resolución do concurso é o Sr. Varela, concelleiro de Rexeneración Urbana e Dereito á Vivenda e quen aproba a adquisición e autoriza os actos de compravenda, que o Consultivo declara nulo, é o Sr. Lema

Ler nova
Finalmente a merca de pisos do Goberno da Marea Atlántica é nula segundo o Consello Consultivo

Finalmente a merca de pisos do Goberno da Marea Atlántica é nula segundo o Consello Consultivo

No seu momento dixemos que o Concello tiña que ter aplicado as bases que rexeron o concurso de compra de vivendas xa que o deseñou el mesmo e que ao mercar dúas vivendas que incumprían as bases estaban vulnerando a libre concorrencia, agora o Consultivo confirma o que argumentaba o BNG

Cabe lembrar titulares das nosas notas de prensa remitidas en pleno apoxeo do conflito, como a enviada o 20 de febreiro: «Cómpre esta revisión porque o incumprimento das medidas das vivendas non se debeu á interpretación máis ou menos literal das normas do concurso senón a que o propio Concello non aplicou as bases que el mesmo deseñou e publicou admitindo ofertas e mercando dous pisos que non tiñan os metros cadrados sinalados na condición décima e polo tanto influíu na libre concorrencia»

É moi grave que na altura en que se produciu a polémica o concelleiro responsábel de Contratación o Sr. Lema afirmase que era mentira que se vulnerase a libre concorrencia cando hoxe o Consultivo sinala exactamente o contrario

Lamentamos que a Marea Atlántica non fose coidadosa con este concurso de compra pública de vivenda para aluguer social para garantir o seu éxito, sendo supostamente unha política chave do Goberno Municipal

Ler nova

Os destinos da Marea seguen ampliándose sen saber que función teñen as súas viaxes

Seguimos sen entender o obxecto da maioría das viaxes que realiza o Goberno municipal, e o que é peor, ninguén é capaz de observar en que lle rende á Coruña. Preguntámonos para que se viaxa cando existen moitas áreas do Goberno cunha evidente inacción e falta de xestión sobre os problemas do día a día na cidade

Realizamos esta mañá unha rolda de prensa na que dimos conta da actualización do noso informe sobre as viaxes que realiza o Executivo da Marea Atlántica destacando que xa superaron os 300.000 quilómetros, o que supón, en conxunto, 444 días fora da cidade

Ler nova
Se o Consultivo determina que algunha adquisición das vivendas é nula haberá que contraer responsabilidades

Se o Consultivo determina que algunha adquisición das vivendas é nula haberá que contraer responsabilidades

O Goberno municipal debe ser valente, asumir o votado no pleno e, se non ten nada que agochar, enviarlle ao Consultivo o conxunto do expediente para que sexa este que determine os actos de adquisición de inmóbeis son nulos

Ten que ser o Consultivo quen determine cal das adquisicións é nula e non as que filtrou o propio Goberno Municipal

É incomprensíbel que o alcalde diga que ninguén asumirá responsabilidades políticas se o Consultivo determina que son nulas algunhas das adquisicións de vivendas para o aluguer social

Ler nova
Todas as viaxes do Goberno municipal desde o comezo de mandato...

Todas as viaxes do Goberno municipal desde o comezo de mandato...

Destapamos nun extenso informe os datos reais sobre as viaxes realizadas polo Goberno municipal desde principio de mandato

Entendemos que unha parte do labor do Sr. Ferreiro sexa representar á nosa cidade e polo tanto viaxar mais o que é inaceptábel é comprobar que moitas persoas do equipo de goberno viaxaron –empregando tempo e recursos públicos– en elevadas ocasións cando teñen deberes importantes cos que cumprir para coa súa concellaría e coa cidade da Coruña: trátase dunha cuestión de prioridades

Contabilizamos 196 viaxes que supoñen 341 días acumulados polo Executivo local e os seu persoal asesor fóra da Coruña e máis de 225.000 quilómetros percorridos

Tamén instamos a que se publique na páxina web, de aquí a final de mandato, todas as viaxes que realiza o Goberno municipal tomando o exemplo do Concello de Pontevedra

Ler nova
Restituírmonos a memoria dos 600 asasinados na Coruña

Restituírmonos a memoria dos 600 asasinados na Coruña

Levamos ao Pleno de outubro unha moción de apoio á Querela Arxentina contra os crimes contra a humanidade cometidos na nosa comarca durante a Ditadura Franquista e outra sobre a necesidade de contar cun código ético e cunha ordenanza de transparencia no Concello da Coruña

Coa moción de apoio á Querela Arxentina, exiximos recuperar a verdade, a xustiza e de reparación en relación cos crimes cometidos, nomeadamente na nosa cidade e de amosar o apoio á Querela Arxentina para que se actúe contra o xenocidio e crimes contra a humanidade cometidos pola ditadura franquista

Coa moción relativa á necesidade de contar cun código ético –de obrigado cumprimento para todos os cargos públicos e persoal eventual– e cunha ordenanza de transparencia no Concello da Coruña, trasladamos a nosa preocupación por preservar e protexer en toda actuación política e administrativa a veracidade, a transparencia, a neutralidade, a dación de contas e a corresponsabilidade

Ler nova