portos-do-estado
A Marea Atlántica está a burlarse da veciñanza da Coruña

A Marea Atlántica está a burlarse da veciñanza da Coruña

O anuncio do Goberno municipal de convocar un “concurso de ideas” sobre a fachada marítima é un insulto á veciñanza xa que ven de gastarse máis de 70.000 euros no foro e no estudo do borde litoral

A Marea estase a rir da das coruñesas e dos coruñeses que nos últimos anos estivemos a reclamar a devolución á cidade dos terreos portuarios e outro modelo para a súa xestión. Ademais de incumprir reiteradamente os acordos tomados en Pleno polos que se instaba a realizar unha Consulta Popular agora pretende iniciar o enésimo proceso participativo, adiando tomar posición e defender con contundencia os intereses lexítimos da Coruña. As súas renuncias amosan as carencias do seu goberno e amosa a súa falta de proxecto

Urximos a convocar para antes de que finalice este ano a Consulta Popular aprobada en Pleno en marzo de 2017

Cremos tamén escandaloso que Ferreiro formule a posibilidade de tanteo sobre os terreos da Maestranza e amosa a súa indignación pola desidia e parálise do Executivo á hora de reclamar ao Ministerio de Defensa as parcelas do Campo da Estrada

Ler nova
Blindemos os terreos da Solana e do Hotel Finisterre

Blindemos os terreos da Solana e do Hotel Finisterre

Avanzamos o noso apoio á moción presentada polo Comisión Aberta en Defensa do Común que lle foi achegada a todos os grupos esta semana

A semana pasada valoraramos coma un “oprobio” para A Coruña e para Galiza a actitude do presidente de Portos do Estado, e de “cómplice” a actitude de Feijóo a respecto dos peiraos, e advirtiamos da necesidade de que o Goberno municipal actúe con contundencia e procedese a facer ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses convocando a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios canto antes

Levamos advertindo desde xa hai mais de cinco anos da situación dos peiraos interiores, do pretendido espolio da Coruña é da folla de ruta trazada pola Autoridade Portuaria e Portos do Estado. Cómpre actuar de vez e non perder a oportunidade histórica que nos dá unha maioría absoluta de forzas para protexer os intereses do pobo da Coruña. Por iso animamos a que os grupos municipais da Marea Atlántica e do PSOE apoien tamén esta moción e formen parte desta fronte común, comezando por blindar os terreos da Solana e do Hotel Finisterre

Ler nova
Discriminación para A Coruña e Galiza

Discriminación para A Coruña e Galiza

A actitude do presidente de Portos do Estado é un oprobio para A Coruña e para Galiza e  Feijóo é cómplice diso

Llorca veu confirmar unha nova discriminación para Galiza, acatada por Feijóo obedientemente, pola que o noso país queda discriminado fronte a outras zonas do Estado: confirmou que o Porto Exterior da Coruña de ningunha das maneiras vai ser financiado cos fondos do Estado –tal e como aconteceu en Xixón- que os terreos do porto cando estean desafectados non van ser cedidos ao Concello–como aconteceu en Barcelona ou Valencia- e que tampouco se lles vai dar ningún uso produtivo -como aconteceu en Bilbao-

Dado o pretendido silenciamento da Coruña, desde o Grupo Municipal do BNG pedimos que o Goberno do Sr. Ferreiro faga ouvir a voz das coruñesas e dos coruñeses e realice a consulta popular sobre o futuro do terreos portuarios

Ler nova
Débese cambiar o PXOM para preservar os peiraos interiores

Débese cambiar o PXOM para preservar os peiraos interiores

Insistimos na importancia de que se realice a modificación na ordenación dos espazos portuarios para que estes teñan usos sociais ou para a veciñanza e se preserve a actividade económica do porto actual como lugar de actividade comercial e de pesca para así recuperar a fachada marítima ao conxunto da cidade

As noticias que aparecen constantemente estes días nos medios de comunicación a respecto da nosa fachada marítima evidencian a falta dunha proposta de futuro do Goberno da Marea para cos peiraos interiores e a súa incerteza na xestión de como se debe actuar. Levamos avisando desde hai anos que estes peiraos non poden ser vendidos mentres non sexan desafectados, polo que instamos o Executivo local a abordar de vez a reforma do PXOM e preservar os seus usos futuros

Ler nova