orzamentos-municipais-2019
A Marea Atlántica incomparece á hora de Gobernar a cidade da Coruña por renunciar de facto a elaborar, negociar e sacar adiante os orzamentos de 2019

A Marea Atlántica incomparece á hora de Gobernar a cidade da Coruña por renunciar de facto a elaborar, negociar e sacar adiante os orzamentos de 2019

Solicitamos por escrito o proxecto de orzamentos e o Goberno local contestounos que “o expediente administrativo do Orzamento Xeral do Concello para 2019 atópase na fase de elaboración dos diferentes estados que forman parte do mesmo, non existindo documentación con carácter definitivo que poida ser trasladada”

Non ter os orzamentos elaborados e rematados a tempo para comezar coas negociacións, supón poñer en risco os investimentos de 2019 -en rúas, en instalacións municipais, nos Mercados Municipais, nos CEIP etc-, deixar no aire os convenios coas entidades para o vindeiro ano, comprometendo os servizos que ofrecen estas e que son fundamentais entre outras para posibilitar a conciliación da vida familiar e laboral ou para soster servizos a persoas con diversidade funcional ou con discapacidade

Ler nova
A falta de case 2 meses aínda non sabemos que pasará coa concesión que caduca de Tranvías

A falta de case 2 meses aínda non sabemos que pasará coa concesión que caduca de Tranvías

Queremos que o Goberno da Marea Atlántica explique que proxecto ten para o transporte colectivo urbano a tan só 2 meses de que expire a prórroga da concesión á Compañía de Tranvías

Despois de dous anos, e despois das múltiples interpelacións que fixemos ao longo deste tempo, o Executivo segue sen aclarar o futuro dun servizo que é fundamental no día a día das persoas na nosa cidade e sen concretar cuestións clave en mobilidade: seguimos sen o reiteradamente prometido mapa de rutas, seguimos con 0 metros de carril bus, seguimos sen saber se canto menos se valorou a posibilidade de que a xestión do bus puidera ser pública etc. Moito nos tememos que todo seguirá igual e, o que será peor, durante meses o Concello da Coruña pagará cuantiosamente de xeito irregular as facturas que a Compañía de Tranvías lle traslade por un servizo fora de contrato

Neste Pleno do luns tamén realizaremos preguntas para a súa resposta oral a respecto dos orzamentos municipais de 2019

Por último queremos que se explique que entende o alcalde por “responsabilidade institucional” a respecto dos convenios urbanísticos asinados co Ministerio de Defensa e non aos relativos á reordenación dos peiraos interiores de 2004

Ler nova