Orzamentos do Estado para 2021
Novas
IMG-20201211-WA0010

Néstor Rego lamenta que os orzamentos do Estado non contemplasen as "demandas históricas da Coruña"

“Os orzamentos xerais do Estado para 2021 non lle deron cabida ás demandas históricas da Coruña e o seu debate deixa nun mal lugar os deputados e deputadas galegos do PSOE e Unidas Podemos que non tiveron a decencia de defender esas reivindicacións no Congreso e que tampouco foron quen de dar o seu voto ás nosas emendas”, afirmou hoxe na Coruña o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego.
Ler novas
Novas
Rolda de Prensa BNG emendas locais e comarcais aos orzamentos do Estado

Emendas aos orzamentos do Estado para incrementar os investimentos na cidade e na comarca por valor de 304 millóns

As emendas parciais que o BNG apresenta aos orzamentos xerais do Estado contemplan un incremento global dos investimentos na cidade e na comarca da Coruña por un valor de 304 millóns de euros, informaron esta mañá en conferencia de imprensa Néstor Rego, Francisco Jorquera e Avia Veira–voceiros do BNG no Congreso e en María Pita e concelleira nacionalista, respectivamente. Ao acto informativo asistiron os portavoces dos grupos municipais do BNG en Culleredo, Tono Chouciño; Cambre, Daniel Carballada; e Arteixo, Xurxo Couto.
Ler novas
Vídeo

Primeira avaliación dos orzamentos do Estado-2021

No seu estado actual os Orzamentos do Estad-2021 están moi lonxe de seren aceptábeis para o BNG. Viran as costas ás necesidades da Coruña en asuntos fulcrais. Non vemos que o Goberno Local influíse positivamente neles. Traballaremos duro para os mellorar no trámite de emendas
Ler novas