orzamentos-2017
NOVAS
Seguimos sen desfibriladores en todos os recintos deportivos municipais

Seguimos sen desfibriladores en todos os recintos deportivos municipais

Preguntamos ao Goberno municipal por que aínda non se ten dotado a todas as instalacións deportivas municipais de aparellos DEA

A incorporación deste aparello a todas as instalación municipais foi unha das propostas achegadas polo noso Grupo Municipal na emenda aos orzamentos 2017

Queremos saber por que aínda non se executou esta aplicación, incluída no modificativo M3/2017 aprobado de xeito definitivo no Pleno de setembro. Entendemos fundamental e urxente que todos os recintos deportivos dependentes da xestión municipal teñan estes aparellos, que se ten demostrado que salvan vidas

Ler nova
NOVAS
Como transformar a posibilidade de achegas para a veciñanza da Coruña en externalizacións e festas sen xustificar

Como transformar a posibilidade de achegas para a veciñanza da Coruña en externalizacións e festas sen xustificar

É indignante a nocturnidade e aleivosía coa que o Goberno Local incluíu as súas propostas no modificativo de crédito que vai hoxe á Xunta de Goberno Local introducindo partidas para políticas que son directamente opostas áo aceptábel polo BNG e ás promulgadas teoricamente pola Marea Atlántica

En semanas pasadas tivemos reunións bilaterais para dar encaixe á emenda pactada nos orzamentos, mais en ningún momento fomos informados das intencións reais do Goberno, nin se nos deu explicacións das partidas propostas pola Marea Atlántica, das que só tivemos coñecemento no día de onte, e, pola contra, só se nos informou da necesidade de pagar facturas pendentes

Amosámonos decepcionadas con que o Goberno decidise mesturar as nosas propostas, pensadas para as coruñesas e os coruñeses e nas necesidades sociais da cidade, coas partidas propostas pola Marea Atlántica, como o engadido dun millón de euros para festas sen que se saiba como ou en que se van gastar ou na externalización para a redacción de pregos cara a nova licitación do transporte urbano na cidade

Ler nova
NOVAS
Non era sen tempo que a área de Rexeneración Urbana comezara a licitar, por fin, varias das 57 actuacións

Non era sen tempo que a área de Rexeneración Urbana comezara a licitar, por fin, varias das 57 actuacións

Tras acceder nas últimas semanas ao perfil do contratante constatamos que algunhas das actuacións prometidas para 2016 comezan a ser licitadas mais consideramos improcedente que sexa a través da nosa fiscalización e control que o Goberno da Marea se vexa obrigado a actuar nos barrios e que non sexa por iniciativa propia e en cumprimento das súas promesas   

Que nas últimas semanas se estean a sacar no perfil do contratante licitacións das obras anunciadas para 2016, xusto agora que o orzamento para 2017 aínda non está aprobado definitivamente, evidencia que o argumento empregado pola concellaría de Rexeneración Urbana, da necesidade de ter un orzamento cos investimentos asignados, era infundado e falso: estas actuacións se realizan en base os cartos de 2016, polo que a non realización das obras para cando se anunciaron só foi provocado pola ineficiente xestión de Xiao Varela da súa área

Instamos o Executivo local a que presenten que propostas doutras actuacións pensan realizar neste ano independentemente do cumprimento das intervencións anunciadas para 2016

Ler nova
NOVAS
Cales son as propostas do Goberno municipal aos grandes problemas da cidade?

Cales son as propostas do Goberno municipal aos grandes problemas da cidade?

Xa nos temos posicionado publicamente sobre os peiraos e os seus usos, sobre a mobilidade e a Área Metropolitana e xa lle temos trasladado en numerosas ocasións as nosas propostas. Cremos que ten que ser agora o Goberno municipal quen poña negro sobre branco as propostas concretas para avanzar na resolución dos grandes problemas da cidade e, polo tanto, tócalle agora ao Executivo local deixar as ambigüidades e falar claramente de cales son as súas apostas

Avia deu traslado ao alcalde da posición clara que vimos mantendo no BNG desde hai anos e que vén recollida nos programas electorais de 2011 e 2015 a respecto da Fachada Marítima e os usos dos peiraos interiores, a mobilidade e Área Metropolitana

Na posterior comparecencia, e a preguntas da prensa sobre os orzamentos, a nosa voceira no Concello demandou que o Goberno municipal vaia dando pasos adiante para cumprir co manifestado polo alcalde no Pleno da cuestión de confianza no que se comprometía a incorporar a través dun modificativo as emendas que presentaron as nacionalistas aos orzamentos 2017

Ler nova
NOVAS
O día da marmota: ao igual que en abril hoxe volvemos ter unha trapallada por Pleno

O día da marmota: ao igual que en abril hoxe volvemos ter unha trapallada por Pleno

Hoxe volvemos ter unha trapallada de Pleno onde se constatou que tanto Marea, como PP e PSOE priman os intereses de seu por diante dos intereses da cidade e do pobo

A nosa concelleira Avia Veira, que comezou a súa intervención lembrando o percorrido que deu lugar á convocatoria do Pleno e o porque da Cuestión de Confianza, centrou a súa intervención en destacar o traballo e as achegas do BNG ao documento dos orzamentos desde a nosa posición de oposición crítica, e advertiu que o voto afirmativo do Bloque, "por moito que só sexa un, non é en balde, que ten un valor porque o crédito desta volta concédese con escepticismo”, e convidou ao Goberno municipal a reflexionar

Ler nova