isowat
Levamos ao Parlamento de Galiza a defensa dos postos de traballo da empresa Isowat

Levamos ao Parlamento de Galiza a defensa dos postos de traballo da empresa Isowat

Presentamos unha batería de iniciativas na que instamos á Xunta de Galiza a levar a cabo todas as actuacións posíbeis para o mantemento do emprego e do proceso produtivo de Isowat na Coruña, así como do mantemento e impulso da actividade industrial na comarca, a comezar por unha Mesa de Traballo na que se integre ás partes e axentes implicados

Francisco Jorquera e Avia Veira, que mantiveron unha reunión con cadro de persoal da empresa na semana pasada, advirten que o futuro industrial na cidade da Coruña e a súa comarca está nunha situación crítica e propoñen que desde as Administracións públicas, nomeadamente desde a Xunta de Galiza, se impulse unha estratexia de defensa conxunta e de intervención política para reconducir a situación e promover o mantemento dos postos de traballo e da estrutura produtiva   

Ler nova
Pola defensa dos postos de traballo e en contra do desmantelamento industrial da Coruña: non ao peche de Alcoa e Isowat

Pola defensa dos postos de traballo e en contra do desmantelamento industrial da Coruña: non ao peche de Alcoa e Isowat

Desde o BNG cremos firmemente que hai que defender o futuro do sector industrial na nosa cidade en conxunto: hoxe ademais dos 400 empregos en xogo na planta de Alcoa, hai 85 familias que dependen da continuidade da factoría Isowat”

Denuciamos o saqueo sistemático que sufriu a antiga Isolux Galicia e salienta que se trata dunha planta altamente rendíbel, que recibiu cartos públicos en axudas, con carga de traballo para os vindeiros anos, pioneira tanto pola formación e experiencia do seu cadro de persoal como pola súas patentes grazas ás cales os seus produtos son solicitados internacionalmente

Levaremos ao Pleno do mes de decembro unha moción que rexistraremos nos vindeiros días para que a Corporación faga fronte común en defensa dos 85 empregados e empregadas que hoxe en día levan seis meses sen cobrar pola situación económica de Isowat

Ler nova