franquismonuncamais
NOVAS
O Goberno da Marea leva paralizando o proceso para recuperar a Casa Cornide desde hai xa un ano

O Goberno da Marea leva paralizando o proceso para recuperar a Casa Cornide desde hai xa un ano

Exiximos a convocatoria á maior brevidade do Consello da Memoria Democrática para impulsar o procedemento para a recuperación da Casa Cornide

Lembramos que foi precisamente no Pleno de setembro do ano pasado onde se aprobou a primeira moción que instaba a iniciar os procedementos necesario para esta recuperación

O 11 de setembro de 2017 o BNG presentou unha moción no Pleno onde se propoñía «promover e facilitar nos ámbitos que proceda o iniciar o proceso para posibilitar a devolución do Pazo de Meirás e da Casa Cornide para a súa incorporación ao patrimonio público». Foi aprobada cos votos favorables do Grupo Municipal da Marea Atlántica, do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE e o propio noso. O adiamento continuado do comezo deste procedemento é inxustificábel, unicamente achacábel ao Executivo da Marea Atlántica, polo que lle solicitamos que axilice de vez, e sen máis demora, a recuperación dun patrimonio propio da nosa cidade espoliado directamente por Franco para o seu beneficio persoal

Ler nova
NOVAS
Seguiremos con franquistas nas nosas rúas

Seguiremos con franquistas nas nosas rúas

Instamos o Goberno municipal a deixarse de escusas e a retirar toda a simboloxía franquista que aínda queda na cidade da Coruña

Desde que en setembro de 2016, durante a quenda do escano cidadá, se relatou toda a simboloxía franquista que aínda quedaba por retirar na cidade da Coruña, o Goberno municipal non realizou ningunha actuación concreta e fía todo ao “asesoramento” da Comisión da Memoria Democrática

A respostas por escrito formuladas por nós, o Executivo argumenta que non iniciou ningunha actuación xa que “o obxectivo é que coa constitución do Consello da Memoria Democrática sexa este órgano consultivo o que asesore e avance neste proceso”

Tal e como se deu conta na reunión de Comisión de Honras e Distincións do 31 de outubro de 2016, precisamente onde se levou a debate a intervención do escano cidadá, «[sic] (...) de conformidade co disposto no artigo 8 do vixente Regulamento para a Concesión de Honras e Distincións, para a revogación de distincións, deberá instruírse un expediente motivado (...) e corresponderá á Alcaldía, non á Comisión (de Honras e Distincións)», quen ten que iniciar o proceso de retirada das nosas rúas do franquismo é o alcalde: non se pode argumentar que se está agardando a que unha Comisión had doc ratifique que existen rúas na nosa cidade dedicadas a asasinos e participantes do Golpe de Estado de 1936 e da ditadura posterior

Ler nova