foro-movemonos
O «Foro Movémonos» non serviu para implementar ningunha mellora ou cambio en mobilidade

O «Foro Movémonos» non serviu para implementar ningunha mellora ou cambio en mobilidade

En resposta escrita o Goberno municipal recoñece que non se ten executado ningunha das conclusións do Foro Movémonos

Demandaramos en maio ao Executivo local que concretaran por escrito cantas das 10 liñas de actuación que se expuxeron durante a celebración deste encontro están xa postas en marcha e en que zonas da cidade xa se teñen implementado mais o propio executivo da Marea non pode indicalas

Temos denunciado máis dunha vez que non se ten realizado ningunha actuación que transforme a mobilidade desde o comezo de mandato, polo que non nos sorprende as respostas recibidas desde a Área. Mais o que si nos chama poderosamente a atención e que, desta volta, se artellou unha xornada para trazar unha folla de ruta que non se está cumprindo e, o que máis nos preocupa, non hai interese por levar a cabo as súas conclusións. O Goberno da Marea carece da valentía necesaria para implementar cada unha das 10 liñas de actuación anunciadas, na maioría de xestión directa do Goberno, e que non necesitarían pasar polo Pleno, polo que dubidamos moito que nalgún momento o Foro Movémonos buscase ser un punto de encontro para abordar en serio a problemática da mobilidade na nosa cidade. Preguntámonos, pois, para que se desenvolveu este «foro ou xornada», alén de ser un evento propagandístico pagado por todas e todos nós

Ler nova
Que aconteceu coas propostas do Foro de Mobilidade “Movémonos” celebrado o ano pasado?

Que aconteceu coas propostas do Foro de Mobilidade “Movémonos” celebrado o ano pasado?

Trasladamos esta mañá unha batería de preguntas para a súa resposta por escrito para o vindeiro Pleno a respecto das actuacións realizadas polo Goberno municipal en materia de mobilidade desde a celebración do Foro Movémonos

O alcalde presentou dez liñas de actuación para acadar unha mobilidade sostíbel que pasaban pola “aposta pola intermodalidade, a desconxestión do centro da cidade e do interior dos barrios, a redución progresiva da velocidade máxima do tráfico, o impulso ás vías ciclables e do espazo peonil, a monitorización da mobilidade a nivel urbano e metropolitano, o pulo á mobilidade peonil, ciclista e do transporte público colectivo –incluíndo para iso medidas fiscais e tarifarias– ou a introdución do ferrocarril como medio de comunicación na área metropolitana”. Queremos saber cal destas se teñen concretado neste mais dun ano desde a celebración do foro, ou se estamos ante outro brinde ao sol, con moita proposta mais ningunha actuación real

Solicitamos tamén nas súas iniciativas aclaracións a respecto de que medidas concretas ten tomado o Goberno municipal para a posta do  servizo do transporte de proximidade en San Diego e que medidas se teñen tomado para acadar un pacto de cidade pola mobilidade sostible, tal e como propoñía Xulio Ferreiro nesa xornada

Ler nova