eugenia-vieito
NOVAS

Outro ano máis dando un espectáculo a conta dos orzamentos municipais

Negámonos a participar na Xunta de Goberno coma convidadas de pedra

Cremos que este ano o Goberno Local superou o esperpento a respecto dos procesos de 2016 e 2017 ao se presentar un orzamentos que serán emendados antes mesmo de chegar á Comisión de Facenda

Consideramos inadmisíbel a tramitación da documentación do proxecto dos orzamento para 2018 e denunciamos que o pen trasladado pola Concellaría de Facenda non achega toda a documentación

Ler novas
NOVAS
Os orzamentos pantasmas que se “aprobarán” a semana que vén

Os orzamentos pantasmas que se “aprobarán” a semana que vén

A Marea deunos a calada por resposta cando o 1 de decembro solicitamos por correo electrónico unha copia dos orzamentos de 2018 para poder estudar con tempo a proposta do Goberno Local e remitir as nosas propias achegas

Como levamos facendo desde principio de mandato quixemos transmitirlle desde o BNG todas aquelas achegas que nós vísemos oportunas, xa que logo, estivemos procedendo a elaboración dun documento, propositivo e en positivo, con todas aquelas cuestións que nos están demandando diversas entidades e asociacións da nosa cidade, así como daquelas actuacións que nós consideramos prioritarias na acción política municipal. Se o Executivo da Marea entende que ese é o xeito de traballar cos grupos da oposición logo non pode andar laiándose de que non atopa os apoios necesarios para as súas propostas porque, para o caso do BNG, non as coñecemos e non se nos facilita o labor de coñecelas

Ler novas
NOVAS
Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?

Por que chegaron tarde os recibos da Contribución?

Preguntaremos no próximo Pleno sobre as demoras na notificación do IBI deste ano

A administración municipal debería ter tido especial sensibilidade e coidado nas notificacións de pagamento do IBI deste ano, tendo en conta que o calendario foi modificado producíndose un adiantamento na axenda de abono voluntario

Queremos que o Executivo detalle que medidas se tomaron para facer chegar a tempo as notificacións cando xa quedou demostrado que unha parte delas non foron remitidas a tempo. É por iso que demandamos explicacións do por que se produciu este desfase, así como queremos que se nos indiquen as incidencias recollidas polo servizo tributario a respecto das persoas contribuíntes que fixeron constar que recibiron tarde ou mesmo non recibiron a notificación de pagamento do IBI

Ler novas