espolio-da-coruna
NOVAS
Sen garantías de que os peiraos interiores sexan por fin devoltos a cidade

Sen garantías de que os peiraos interiores sexan por fin devoltos a cidade

Entendemos, tras o anuncio de que Portos do Estado e Xunta pactaron non vender a Solana e os peiraos interiores, que novamente se quere realizar unha “fuxida cara adiante” sobre o problema de fondo, non outro, que a financiación o Porto Exterior a costa de seguir hipotecando o futuro do centro da Coruña

Consideramos, asemade, que calquera “estudo concreto” que se faga a respecto dos peiraos de San Diego non pode pasar polo uso residencial senón por ser o lugar onde se artelle un verdadeiro transporte metropolitano por vía ferroviaria e marítima e aproveitar as súas vías e toda a infraestrutura hoxe en día existente

Independentemente dos termos do acordo, realizado as agochadas, e da deslealdade do Sr. Feijóo para coas coruñesas e coruñeses que estaban pendentes dunha consulta publica sobre os usos dos peiraos, os terreos seguen pendentes de desafectación. Ademais, que houbera esta negociación e finalmente acordo sen que o Goberno municipal tivese coñecemento é algo bastante indicativo e que debería facer reflexionar a Xiao Varela e Xulio Ferreiro sobre a estratexia que seguiron. Por desgraza, e como consecuencia para o futuro da nosa cidade, mantense o suspense sobre os usos futuros dos máis de 64.000 metros cadrados no centro da Coruña e segue sen garantirse os espazos públicos para usos sociais e industriais

Demandamos, de novo, que se modifique o PXOM, que contempla actualmente nas súas fichas urbanísticas a construción de mamotretos de até 10 alturas, e que se garanta para o futuro os usos sociais, ou para a cidadanía, incluíndo na modificación da ordenación dos espazos portuarios o preservar a actividade económica actual do porto como lugar de actividade comercial xeradora de riqueza

Ler novas
NOVAS
Toca agora demandar a devolución definitiva do Cárcere Provincial

Toca agora demandar a devolución definitiva do Cárcere Provincial

Cremos positiva a apertura do antigo Cárcere Provincial á actividade social e cultural mais entendemos que o que cómpre agora é esixirlle ao SEIP a cesión definitiva da instalación

Reiteramos que o convenio asinado a finais de 2016 entre o Goberno municipal e Institucións Penitenciarias só permite o uso por parte do Concello da Coruña por dous anos do edificio, incluíndo unha rehabilitación que se fará a costa do peto das coruñesas e dos coruñeses

O Executivo local debe dar un paso adiante e esixir a devolución definitiva do cárcere, asemade de esixir que esta devolución sexa co edificio debidamente rehabilitado, xa que logo o SEIP é o responsábel do seu estado actual de abandono e desleixo. Só deste xeito garantiríase a continuidade do usos cívicos que se pretenden desenvolver para o futuro

Ler novas