emprego
Novas
Un dos momentos da reunión que mantivemos coas representante4s do cadro de persoal de Clece

Solicitamos mediante unha moción o rexeitamento das prácticas laborais de Clece e non prorrogarlle contratos co Concello

Levamos este luns a Pleno a situación das traballadoras da empresa Clece SA que presta o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD III)

Como resultado da reunión que mantivemos esta semana cunha representación do cadro de persoal desta empresa, solicitamos a través dunha moción que o Pleno amose o seu rexeitamento das prácticas laborais de Clece no desenvolvemento do contrato de xestión que ten na actualidade co Concello da Coruña

A nosa solicitude inclúe instar o Goberno local a que proceda a iniciar os trámites para propoñer a declaración de Clece SA como empresa en situación de prohibición para contratar co Sector Público e que non prorrogue a duración do contrato, que está próximo a rematar, e que saque a concurso de novo o Servizo de Axuda a Domicilio (SAD III) cuns pregos que garantan os dereitos laborais para as máis de 230 persoas que traballan nel

Ler novas
Novas
Momentos previos á reunión de Avia Veira coa representación do cadro de persoasl dos museos científicos

Hoxe estivemos coa representación do cadro de persoal dos museos científicos

Trasladamos o noso apoio ás traballadoras e aos traballadores dos museos científicos coruñeses

Mantivemos esta mañá unha reunión con representantes do cadro do persoal na que nos deron conta do seu calendario de mobilizacións

Urximos ao Goberno municipal a aportar unha solución xa. O vindeiro día 15 de abril 31 persoas estarán no paro se non se reverte a situación, malia que levabamos advertindo desta posibilidade desde novembro de 2015

Ler novas
Novas
Vista exterior da Domus

Esiximos solucións xa para o cadro de persoal dos museos científicos coruñeses

Demandamos ao Goberno municipal que poña solucións definitivas enriba da mesa para evitar que 31 persoas que traballan nos museos científicos rematen na rúa

Non por advertido se actuou. Presentamos en novembro de 2015 unha moción onde xa explicabamos a situación do cadro de persoal e as intencións da empresa Samyl SL, cun contrato prorrogado desde 2014, dando conta das constantes vulneracións dos dereitos laborais ás súas traballadoras e aos seus traballadores, e na que instabamos o Goberno municipal a rescatar o servizo de atención ao público. Esta iniciativa foi rexeitada cos únicos votos en contra da Marea Atlántica. Tamén en xaneiro de 2016 realizamos unha pregunta oral en Pleno sobre esa situación de vulneración dos dereitos fundamentais. E en agosto preguntamos cal ía ser a actuación do Executivo, dada a aquela altura, a inminente caducidade da prórroga. Contestóusenos coas ambigüidades e incertezas coas que se está a caracterizar este mandato e sen aportar solucións á situación que nós prevíamos. O resultado final é que o cadro de persoal estará na rúa a mediados de mes

Amosamos a nosa solidariedade coas traballadoras e traballadores e anunciamos o noso apoio á folga convocada e a nosa participación nas concentracións convocadas para as vindeiras datas

Ler novas
Novas
Exterior do Centro Cívico de Novo Mesoiro

Unha decena de traballadoras e traballadores de centros cívicos poderían ir a rúa a final de mes

Demandamos do Goberno municipal que aclare que vai pasar coas traballadoras e cos traballadores dos centros cívicos que non serán subrogados a partir do 1 de abril

Non chega con amosar apoio e solidariedade. Este Goberno municipal cada vez ten máis frontes abertos a respecto das problemáticas que afectan a persoas traballadoras de empresas con contratas municipais: entendemos que non se está a priorizar ás persoas, e neste caso o Executivo local deberá garantir os postos de traballos que a nova empresa ameaza con non subrogar

Ler novas
Novas
Avia Veira e representantes das traballadoras e traballadores de Clece SA falando mentres se producía unha protesta diante do Concello

Clece: outra empresa con contratos co Concello da Coruña que explota ás súas traballadoras… E o Goberno Municipal?

É inadmisíbel que o Goberno municipal siga a ignorar as demandas das traballadoras e dos traballadores de Clece e non actúe con contundencia para coa empresa

A representación do cadro de persoal da empresa que presta os servizos na atención ao domicilio contratada polo Concello da Coruña volveu a se manifestar diante de María Pita en protesta das condicións de acoso laboral que sofren por parte da dirección

 Mentres as traballadoras reclaman diante do Concello unha condicións laborais dignas e denuncian as situacións de explotación que exerce a empresa sobre elas o Executivo local adxudicará, mañá na Xunta de Goberno, outro contrato de xestión a Clece, o SAD 2 neste caso

Ler novas
Novas
Protesta diante dunha oficina de emprego

Por que o Goberno municipal deixou de executar 238.000 euros para cursos de formación en 2016?

Pedimos explicacións ao Goberno Local sobre os 238.000 euros que ficaron sen executar en 2016 da partida destinada a cursos de formación para o emprego

Cremos que é inadmisíbel que nunha cidade con más de 19.000 persoas desempregadas, segundo os últimos datos que coñecemos, quede sen executar o 36% da partida destinada a cursos de formación

Ler novas
Novas
David Pena e Avia Veira nun momento da rolda de prensa

Dous millóns para emprego, inclusión, cultura, educación, barrios... e non en externalizacións ou publicidade

Emendamos os orzamentos municipais para 2017 para eliminar máis de 2 millóns de euros en gastos superficiais e investilos, entre outras cousas, nun Plan de Inclusión Social por valor de 500.000 euros, a eliminación do copagamento no Servizo de Axuda a Domicilio e a posta en marcha dun Plan de Industrialización para A Coruña con 250.000 euros

Conseguimos rebaixar máis de 2 millóns de euros en gastos superficiais: a partida destinada a retratos dos alcaldes, partidas en externalizacións ou partidas en publicidade e propaganda

Desde o Bloque entendemos que hai que priorizar o investimento nos barrios, cos que segue existindo unha débeda, para o cal achegamos máis de 145 propostas recollidas nas sucesivas Asembleas Abertas e encontros, mais tendo moi presente que existen outras tantas propostas da veciñanza que demandan que o Goberno municipal xestione mellor diariamente

Continuamos coa mesma liña do ano pasado, de sermos construtivas e achegarmos propostas concretas ao orzamento malia que tememos que ninguén aprendeu do acontecido no pleno de abril: nin o Goberno, que non nos fixo chegar o orzamento até finais de novembro e incompleto, nin os outros grupos da oposición cos que parece que non vai a cousa

Ler novas
Novas
Protesta diante da oficina emprego de Monelos

É inaceptábel que o Goberno municipal celebre que os datos de desemprego diminuiran tan só en 17 persoas

Agardamos que o concelleiro Lema teña aprendido moito nas Xornadas sobre Innovación nas Políticas de Emprego para poder comezar a implementar algunha medida nova desde a súa área

É inaceptábel que o actual Goberno municipal celebre os datos de desemprego que diminúen tan só en 17 persoas mentres segue a haber 18.473 persoas no paro rexistrado e cando a EPA sinala que existen case vinte mil persoas en desemprego na nosa cidade

Se o Goberno municipal quere loitar contra o desemprego, ademais dos rutineiros cursos para desempregados ou o mero asesoramento e os nunca executados fondos para o comercio local e os mercados, terá que tomar decisións para poñer en marcha un plan de industrialización, a protección do Porto como lugar estratéxico para o desenvolvemento de actividades marítimo-pesqueiras e non para a especulación urbanística, a aposta pola  Universidade da Coruña, a planificación participada co sector de políticas que promovan o pequeno e mediano comercio e os mercados municipais

Ler novas