Novas
Na Mesa coa veciñanza de Elviña ábrese unha vía de solución, pendente de se concretar
Na reunión constitutiva da Mesa de Traballo coa veciñanza de Elviña afectada polo Parque Ofimático, realizada esta tarde no Salón Dourado do Pazo de María Pita, debuxouse unha vía de arranxo para este conflito urbanístico e o BNG agarda que a solución definitiva se alcance nunha nova xuntanza a ter lugar en outubro.