Eleccións galegas do 12 de xullo
Novas
Un resultado histórico no país, na cidade e na comarca

Un resultado histórico no país, na cidade e na comarca

Histórico. É o adxectivo que mellor lle acae ao resultado alcanzado polo BNG nas eleccións galegas deste 12X, quer no país quer na cidade quer na comarca. Así como tal o viviron os centos de militantes e simpatizantes nacionalistas que se deron cita na Praza da Fariña para faceren o seguimento da noite electoral.

Ler novas
Novas
Unha ateigada María Pita aclama a futura presidenta de Galiza

Unha ateigada María Pita aclama a futura presidenta de Galiza

Nun marco imponente, o BNG facturou un mitin para a historia. A praza de María Pita, ateigada, a superar todas as expectativas, a pór o ramo a unha campaña que ficará na memoria colectiva. "Presidenta! Presidenta! Presidenta!", aclamou María Pita a unha emocionada Ana Pontón. "A historia é nosa e comezamos a facela hoxe nesta praza. Comeza aquí unha nova época para o noso país", dixo. Pontón resumiu o discurso do Bloque nunha frase: "Ao final de que se trata?? Trátase de confiar neste país, de confiar nas nosas propias forzas".

 

Ler novas
Novas
"Ao pór en venda a Casa Cornide durante o xuízo de Meirás, os Franco compórtanse como o que son, unha familia de usurpadores"

"Ao pór en venda a Casa Cornide durante o xuízo de Meirás, os Franco compórtanse como o que son, unha familia de usurpadores"

Non é casual que a familia Franco poña en venda a Casa Cornide, un edificio de enorme valor histórico e arquitectónico cuxo titular lexítimo é o pobo da Coruña, nin que o faga en pleno xuízo sobre a devolución do Pazo do Meirás. Antes ao contrario: estamos perante unha "provocación" dos herdeiros do ditador que se "comportan como o que son, uns usurpadores de bens espoliados por un tirano", dixo esta tarde no mitin do BNG na Gaiteira o portavoz nacionalista en María Pita, Francisco Jorquera.
Ler novas
Novas
"É fácil resumir o legado de Feijóo na Coruña: cero prazas en residencias públicas, cero vivendas protexidas construídas"

"É fácil resumir o legado de Feijóo na Coruña: cero prazas en residencias públicas, cero vivendas protexidas construídas"

A Coruña non se pode permitir o luxo de ter 4 anos máis no goberno galego a Alberto Núñez Feijóo, dixo esta tarde Mercedes Queixas, número 3 da candidatura do BNG pola Coruña ao Parlamento galego. "Nos últimos 11 anos a Xunta sinxelamente non existiu na Coruña. Cero prazas nas residencias públicas, cero vivendas protexidas, infradotación de recursos humanos e materiais nos centros de saúde. Ese é o legado que nos deixa Feijóo na nosa cidade", engadiu durante o mitin que o BNG ofreceu na Agra do Orzán, na rúa Barcelona, ao pé do Mercado das Conchiñas.

Ler novas
Novas
Unha Ría nova, nunha nova Galiza

Unha Ría nova, nunha nova Galiza

A portavoz do BNG en Europa, Ana Miranda, e a número 3 da candidatura nacionalista ao Parlamento galego,candidata Mercedes Queixas, subliñaron no serán deste luns 6 de xullo que o saneamento integral da Ría do Burgo será unha prioridade do goberno do cambio galego que vai liderar Ana Pontón.  “Hai case medio ano que a Comisión Europea dispón do 80% por cento de saneamento necesario para acometer o saneamento integral desta ría”, salientou Miranda, quen lembrou que eses fondos suman 36 millóns de euros dos 45 millóns totais da actuación.
Ler novas
Novas
"Outro mundo é posíbel, con paz e dereito dos pobos a decidir, e Galiza fará parte del a partir do 12X"

"Outro mundo é posíbel, con paz e dereito dos pobos a decidir, e Galiza fará parte del a partir do 12X"

A defensa da paz e do dereito dos pobos a decidiren por si propios, o combate contra toda forma de opresión imperial e privilexiar o relacionamento da Galiza cos países da lusofonía -"ou galeguía pois a lingua común ten a orixe na nosa terra"- son os trazos definitorios da política internacionalista do BNG, destacou Mercedes Queixas durante o encontro Outro Mundo é Posíbel que tivo lugar na solleira mañá deste sábado, na Rosaleda dos Xardíns de Méndez Núñez.

Ler novas