Eleccións galegas 12X
Vídeo
Jorquera presenta a candidatura do BNG para as eleccións galegas do 12X

Jorquera presenta a candidatura do BNG para as eleccións galegas do 12X

"Aquí, segundo a mitoloxía, Ith, descendente de Breogán, divisou Irlanda e encabezou a expedición até aquela illa. Hoxe temos unha nova Ith, Ana pontón, que representa esa Nova Galiza, que se ergue e anda", di Francisco Jorquera durante a presentación da candidatura nacionalista pola circunscrición da Coruña ao Parlamento galego nas eleccións do 12X
Ler novas
NOVAS
"Hoxe temos unha nova Ith, Ana Pontón que representa esa nova Galiza, que se ergue e anda"

"Hoxe temos unha nova Ith, Ana Pontón que representa esa nova Galiza, que se ergue e anda"

Ao pé da Torre de Hércules. Nese imponente espazo natural presentou este mércores o BNG a súa candidatura pola circunscrición coruñesa para o 12X. "Aquí, segundo a mitoloxía, Ith, filla de Breogán divisou Irlanda e encabeza a expedición até aquela illa. Galiza, érguete e anda, como en Irlanda, dicía Brañas e os vellos galeguistas. Hoxe temos unha nova Ith, Ana Pontón, que representa esa Nova Galiza, que se ergue e anda", dixo durante a súa intervención o portavoz do grupo municipal nacionalista, Francisco Jorquera.

 

Ler novas
NOVAS
Queixas denuncia a vulneración de dereitos das traballadoras afectadas polo incumprimento do Pacto de Contratración do Sergas

Queixas denuncia a vulneración de dereitos das traballadoras afectadas polo incumprimento do Pacto de Contratración do Sergas

A candidata número 3 do BNG ao Parlamento da Galiza Mercedes Queixas mantivo esta mañá un encontro, na sede comarcal da formación nacionalista, con traballadoras da sanidade pública afectadas polo incumprimento do pacto de contratación ao que se comprometeu o SERGAS para facer fronte á pandemia da Covid-19.

Ler novas
NOVAS
Mercedes Queixas, número 3 do BNG por A Coruña para o 12X

Mercedes Queixas, número 3 do BNG por A Coruña para o 12X

O Consello Nacional do BNG, nunha reunión telemática sen precedentes, decidiu este sábado revalidar as candidaturas coas que a formación soberanista concorrerá ás eleccións ao Parlamento de Galiza o próximo 12 de xullo. Son, por tanto, as mesmas listas coas que ía afrontar os comicios inicialmente previstos para o 5 de abril, cita electoral que ficou adiada pola crise do coronavirus. A nosa cidade estará representada por Mercedes Queixas, profesora, escritora e  correspondente da Real Academia Galega, e por Rubén Gasalla, membro da sección sindical da CIG en Inditex, números 3 e 23 da lista, respectivamente.
Ler novas