educación
NOVAS

Demandamos instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar mais roubos no Sanjurjo de Carricarte

Pedímoslle ao Goberno Municipal que proceda coa máxima axilidade a instalar os mecanismos de seguridade necesarios para evitar que se volvan producir roubos e entradas indebidas no CEIP Sanjurjo de Carricarte

Demandamos tamén, seguridade diante das múltiples entradas que se producen as fines de semana e diante do roubo que aconteceu a semana pasada no CEIP

Ler novas
NOVAS
Dous millóns para emprego, inclusión, cultura, educación, barrios... e non en externalizacións ou publicidade

Dous millóns para emprego, inclusión, cultura, educación, barrios... e non en externalizacións ou publicidade

Emendamos os orzamentos municipais para 2017 para eliminar máis de 2 millóns de euros en gastos superficiais e investilos, entre outras cousas, nun Plan de Inclusión Social por valor de 500.000 euros, a eliminación do copagamento no Servizo de Axuda a Domicilio e a posta en marcha dun Plan de Industrialización para A Coruña con 250.000 euros

Conseguimos rebaixar máis de 2 millóns de euros en gastos superficiais: a partida destinada a retratos dos alcaldes, partidas en externalizacións ou partidas en publicidade e propaganda

Desde o Bloque entendemos que hai que priorizar o investimento nos barrios, cos que segue existindo unha débeda, para o cal achegamos máis de 145 propostas recollidas nas sucesivas Asembleas Abertas e encontros, mais tendo moi presente que existen outras tantas propostas da veciñanza que demandan que o Goberno municipal xestione mellor diariamente

Continuamos coa mesma liña do ano pasado, de sermos construtivas e achegarmos propostas concretas ao orzamento malia que tememos que ninguén aprendeu do acontecido no pleno de abril: nin o Goberno, que non nos fixo chegar o orzamento até finais de novembro e incompleto, nin os outros grupos da oposición cos que parece que non vai a cousa

Ler novas