concellaria-de-facenda
Quince millóns para os bancos mentres temos os barrios da cidade adoecendo investimentos

Quince millóns para os bancos mentres temos os barrios da cidade adoecendo investimentos

A causa orixinal de que hoxe teñamos que gastar en débeda os 15 millóns de euros que quedaron sen investir en 2017 é a mala xestión política e administrativa do Goberno Local

A Marea Atlántica argumenta que o Pago Medio a Provedores se veu lastrado porque non prosperou o recoñecemento extraxudicial en maio, cando o certo é que foi o propio Goberno quen, por empecinamento, logo de coñecer as advertencias da oposición, levou o recoñecemento a Pleno malia saber que non prosperaría. Se antes do pleno deixasen o asunto enriba da mesa, licitasen con axilidade o contrato de recollida de lixo, o recoñecemento estaría aprobado ese mesmo mes

A esta falta de dilixencia súmase que no mes de maio o propio Goberno tiña xa que coñecer o Remanente Líquido de Tesouraría, é dicir, os cartos que quedaron sen gastar en 2017, e, polo tanto, sabía que tería a opción de investir parte deses 15 millóns en Investimentos Financeiramente Sostíbeis, ou sexa, en obras e instalacións municipais

Ler nova

Outro ano máis dando un espectáculo a conta dos orzamentos municipais

Negámonos a participar na Xunta de Goberno coma convidadas de pedra

Cremos que este ano o Goberno Local superou o esperpento a respecto dos procesos de 2016 e 2017 ao se presentar un orzamentos que serán emendados antes mesmo de chegar á Comisión de Facenda

Consideramos inadmisíbel a tramitación da documentación do proxecto dos orzamento para 2018 e denunciamos que o pen trasladado pola Concellaría de Facenda non achega toda a documentación

Ler nova