batería
NOVAS
Por que só os asinantes teñen o Convenio a respecto dos terreos portuarios?

Por que só os asinantes teñen o Convenio a respecto dos terreos portuarios?

Demandamos que se faga público o acordo sobre os terreos portuarios asinado onte

De momento, o que sabemos do protocolo apunta a que o acordo só se referiu á titularidade dos terreos e á renuncia da Autoridade Portuaria a sacar a poxa o soar da Solana e os peiraos de Batería e Calvo Sotelo

O acordo ao que se chegou onte non altera o modelo de financiamento do Porto Exterior en base á venda dos peiraos interiores xa que os terreos de San Diego e o soar do Hotel Finisterre igualmente sairían a poxa e a Xunta de Galiza mercaría os peiraos de Batería e Calvo Sotelo

Desde o coñecemento do acordo a partir das informacións xornalísticas, o modelo urbanístico dos convenios de 2004 permanece intacto xa que co protocolo asinado onte non se modifican os usos hoteleiro e comercial para Batería e Calvo Sotelo nin os usos residenciais para San Diego

Ler novas
NOVAS
O acordo ente Portos, Fomento e Xunta é un insulto para A Coruña

O acordo ente Portos, Fomento e Xunta é un insulto para A Coruña

O PP amosa na sinatura do protocolo sobre os terreos portuarios un sectarismo sen precedentes, estar absolutamente ausente das necesidades e vontade das coruñesas e dos coruñeses e revela que o que máis lle importa é o reparto do “pastel” e non os usos que eses terreos vaian ter

Con este acordo e con este modus operandi, o Ministerio de Fomento, Portos do Estado, a Autoridade Portuaria e a Xunta de Galiza desprezan as coruñesas e os coruñeses e renuncian a un proxecto integrador dos terreos que se desafectarán

Insistimos na potencialidade do conxunto dos terreos portuarios para implementar usos produtivos de I+D+i relacionados co mar e a pesca, para a dotación de equipamentos e de usos sociais, e para o potenciación das infraestruturas en mobilidade que hoxe existen aí

O Goberno municipal fallou ao adiar a convocatoria da consulta popular aprobada en Pleno e ao non deseñar un proxecto para os peiraos interiores que tiña que ter feito nada máis comezar o mandato, sobre todo dado que a Marea Atlántica levaba no seu programa a reformulación dos convenios de 2004

Ler novas