barrios
Sen novas do que se pretende facer coas festas deste ano nos barrios

Sen novas do que se pretende facer coas festas deste ano nos barrios

Preguntamos ao Goberno Municipal sobre o retraso na convocatoria de axudas ás entidades veciñais para a organización das festas dos barrios

O 15 de marzo do ano pasado foi a data límite para a presentación dos proxectos das entidades, co agravante de que a resolución definitiva de aprobación de proxecto non foi publicada até principios de maio, o que obrigou a moitas das entidades a ter que improvisar e apurar o desenvolvemento das súas festas, minguando a capacidade de planificación, desenvolvemento e realización das mesmas

Ler nova
Para cando se amañará o cableado en Palavea?

Para cando se amañará o cableado en Palavea?

Preguntámoslle ao Goberno municipal para cando ten pensado dar solución a situación do cableado no barrio de Palavea

A actuación está paralizada malia ser unha das 57 anunciadas para realizar antes do remate de 2016 e que, segundo a páxina web do concello “Visor de obras e proxectos”, se iniciou con data 18 de outubro de 2017, cun prazo de execución estimado de 2 meses, cando na actualidade segue sen realizarse

Como se pode verificar in situ, o cableado segue colgado de xeito provisional na maioría dos bloques de casas de Palavea, á altura de fiestras e mesmo de portas de acceso de vivendas, a unha altura á que existe máis dunha posibilidade de risco para a integridade física das persoas. Incluso nalgún caso o cableado, ao se desprender do seu soporte provisional, está no chan. Cómpre de xeito urxente realizar esta actuación que se prolonga desde hai varios anos, o que amosa unha inacción fora de calquera lugar

Ler nova
Encontro coa veciñanza de Novo Mesoiro para trasladar as súas demandas

Encontro coa veciñanza de Novo Mesoiro para trasladar as súas demandas

A veciñanza de Novo Mesoiro ten propostas para a mellora do barrio que son xustificadas e inaprazábeis. O abandono do barrio veu xa desde o comezo da súa construción onde se obviou a dotación de servizos. E isto debe ser mudado

Mantivemos onte unha reunión coa entidade veciñal da que trasladaremos varias iniciativas, comezando cunha batería de preguntas do por que a reforma dos locais municipais da rúa Ribeira Sacra vai ser parcial

Estase a perder unha oportunidade de facer unha obra completa e integral, que valorice a zona e que dote de máis servizos ao barrio, polo que entendemos porque se adía a reforma dos tres locais conxuntamente

Ler nova
Descartadas en tempo récord as nosas propostas para mellorar o orzamento

Descartadas en tempo récord as nosas propostas para mellorar o orzamento

Ao Goberno municipal fixéronlle falla apenas 48 h e nin unha soa chamada para resolver as alegacións presentadas por nós

Chámanos poderosísimamente a atención a rapidez coa que o Goberno resolveu as reclamacións, en tan só 24 desde que rematara o prazo para facelo, cando a lei dá un mes de prazo: vese que tiñan moitas ganas de sumar e de chegar a algún tipo de acordo para incluír as nosas propostas. Aínda ben que a concelleira de Facenda nos sinalou en Pleno que a oposición tamén está para facer propostas

Sen chamada nin conversas de por medio entendemos que a Marea Atlántica desiste de poñer e marcha o carril bus, facer a consulta pública sobre os terreos portuarios, modificar a ordenanza da Renda Social Municipal para chegar a máis xente, ou elaborar un Plan de Inclusión Social

A Marea Atlántica terá que explicar publicamente por que renuncian ao seu propio programa electoral desestimando as alegacións propostas por nós e por que desbota novos investimentos nos barrios

Ler nova

Propostas de máis de 6 millóns para mellorar a cidade

Presentamos emendas aos orzamentos por valor de máis de seis millóns de euros para mellorar o orzamento priorizando os servizos públicos, o emprego, a mobilidade, a xustiza social e os barrios sobre as externalizacións e as festas

Esiximos que se cumpra coa moción aprobada en Pleno para a convocatoria dunha consulta publica sobre o futuro dos terreos do Porto e para iso recollemos unha partida orzamentaria

Sinalamos xa que o orzamento de 2018 era o orzamento das renuncias deste Goberno municipal. Para corrixir isto, diminuímos a partida en externalizacións, publicidade, dietas do Goberno e festas e introducimos, entre outras moitas, unha partida para o carril bus, subimos de 1 a 1,6 millóns de euros a partida da Renda Social Municipal, unha partida para o Plan de Inclusión Social

Malia que cremos que as nosas propostas son cuestións básicas que deben ser recollidas no orzamento tamén cremos que a solución a moitas tachas do Executivo da Marea Atlántica correspóndense ao que ten que ser a acción do Goberno, impulsar a modificación do regulamento de Participación, facer efectivas as ofertas públicas de emprego, exixirlle á empresa de limpeza viaria que cumpra etc

Ler nova
O Goberno municipal nega a necesidade de mellorar a seguridade viaria no barrio de Monte Alto

O Goberno municipal nega a necesidade de mellorar a seguridade viaria no barrio de Monte Alto

Formularamos en pregunta para a súa resposta por escrito, despois de que non se nos atendera un rogo, a posibilidade de colocar un espello na intersección desde a rúa Atocha Baixa á rúa Orillamar para a mellora da incorporación

Este cruzamento é dos máis transitados de Monte Alto xa que distribúe o percorrido de moitos buses que acceden desde a rúa San Xoán e os propios que suben desde a rúa Orillamar, é o acceso principal á Escola Pablo Picasso e é a única alternativa para transitar pola zona dos Pelamios, polo que a colocación desta medida complementaría a seguridade viaria de todas as persoas condutoras que empregan estas vías. Discrepamos coa interpretación da Área de Mobilidade do Executivo local que entende que é un cruzamento con visibilidade suficiente

Ler nova
Barrios sen atender malia as constantes advertencias: doutra volta Novo Mesoiro

Barrios sen atender malia as constantes advertencias: doutra volta Novo Mesoiro

Levamos novamente ao Pleno a situación de deterioro das beirarrúas do barrio de Novo Mesoiro

Xa preguntamos en setembro do ano pasado sobre a situación de varios tramos das beirarrúas da rúa Ribeira Sacra, a rúa Fragas do Eume e da avenida de Novo Mesoiro, e esiximos o seu amaño ao estar nun estado deplorábel desde finais do verán

Non entendemos por que o Executivo local, tendo coñecemento polas nosas iniciativas e polas numerosas queixas da veciñanza, non realiza estas actuacións de mantemento; como se pode ver polas fotos que achegamos na propia iniciativa existen tramos de beirarrúas totalmente levantadas, co lousado retirado, roto, deteriorado ou mesmo xa desaparecido. E son varios tramos ao longo de todo o barrio, que se se tivesen amañado cando fixemos a primeira notificación, a estas alturas, estarían en perfecto estado

Ler nova
Que pasa co pagamento dos convenios ás entidades asociativas da cidade?

Que pasa co pagamento dos convenios ás entidades asociativas da cidade?

É inexplicábel que o Goberno municipal non responda ante as entidades máis dilixentes facendo posíbel o pagamento dos convenios

Presentamos hoxe unhas iniciativas nas que demandamos do Goberno da Marea Atlántica axilidade á hora de xestionar a subvencións nominativas polo que se financia o servizo de biblioteca no Campo de Marte que ofrece a A.VV. dass Atochas, Monte Alto, Torre de Hércules, Durmideiras: un servizo moi demandado e para o que a asociación conta cunha traballadora

Non deixa de chamar a atención que o Goberno Local financie unha festa co lema Revive Monte Alto e resulta que ten morrendo un convenio que precisamente permite manter aberta e viva a biblioteca do Campo de Marte xestionada pola A.VV. Monte Alto, unha asociación que leva traballando polo barrio desde hai 40 anos

Ler nova