Avia Veira
Vídeo
10 razóns polas que dixemos NON á pelotada inmobiliaria na Maestranza bendicida por PP e PSOE

10 razóns polas que dixemos NON á pelotada inmobiliaria na Maestranza bendicida por PP e PSOE

O grupo municipal do BNG votou no Pleno de decembro contra o Estudo de Detalle da parcela número 2 do PERI da Maestranza que vai permitir a unha empresa privada construír sobre terreos comunais da cidade adquiridos ao Ministerio de Defensa que deberían ter sido devoltos gratuitamente ao Concello.ç

O estudo de detalle, que se vai saldar cunha pelotada inmobiliaria do Ministerio de Defensa, sae adiante grazas aos votos dos grupos municipais do PSOE e do PP.

A concelleira nacionalista Avia Veira, que interveu no Pleno para fixar a posición do BNG, explicitou até 10 razóns polas que o BNG se opón a esta actuación urbanística.

Ler novas