ap-9
Francisco Jorquera, Noa Presas e Xosé Luís Rivas Mini reúnense con Acouga

Francisco Jorquera, Noa Presas e Xosé Luís Rivas Mini reúnense con Acouga

Mantivemos unha reunión de traballo con Acouga para fortalecer a colaboracións en asuntos como a estafa da electricidade ou a concentración bancaria

Tamén abordamos xunto a organización de persoas consumidoras, entre outros temas, o incremento das peaxes nas autoestradas, os prezos dos carburantes ou as consecuencias da Mina de Touro

É un disparate que un país excedentario en produción enerxética, onde cada veciño ten preto da casa unha torreta de alta tensión, esteamos falando de que empresas como Alcoa poden pechar polo prezo da luz; por iso o BNG está facendo unha campaña sobre electricidade, sinalando tamén as consecuencias dunha fiscalidade tan alta

Lembramos a perda de referencialidade que tivo A Coruña como sede financeira ao perder o país músculo financeiro coa venda, a prezo de saldo, do que na actualidade é Abanca, así como nas consecuencias que ten hoxe en día a concentración bancaria

Ler nova
Por que nos seguen subindo o prezo da autopista?

Por que nos seguen subindo o prezo da autopista?

Levaremos a Pleno unha moción contra a subida de peaxes na AP-9

Entre outras propostas, demandamos que o Pleno da corporación inste a Xunta de Galiza a que cumpra os acordos do Parlamento galego e demande do Goberno do Estado a transferencia da AP-9 á administración galega

Levamos demandando desde fai anos que se tomen medidas para que a AP-9 sexa unha vía de comunicación galega, de competencia do Goberno galego para rematar coas deficiencias da xestión, as tarifas abusivas e os incrementos constantes de peaxes. E o ano pasado, o Parlamento de Galiza, por unanimidade das forzas políticas, aprobou a 'Proposición de Lei  Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á Comunidade Autónoma de Galiza', que foi remitida ao Congreso para a súa tramitación e aprobación final

Ler nova
Queremos que a AP-9 sexa xestionada desde aquí

Queremos que a AP-9 sexa xestionada desde aquí

Rexistramos unha moción contra o veto de Fomento ao debate da Proposición de Lei do Parlamento galego que procuraba a transferencia da AP-9 a Galiza

A iniciativa será presentada en todos os concellos da Comarca e simplemente solicita que se cumpra a Proposición de Lei para que sexa a Xunta de Galiza quen xestione a principal vía de comunicación das galegas e dos galegos

A decisión de Fomento de vetar a tramitación nas Cortes Xerais contrasta coa súa medida de rescatar as radiais madrileñas, xestionadas pola banca e as construtoras amigas do PP, con 8.000 millóns de euros públicos

A AP-9 é unha infraestrutura que vertebra a Galiza máis poboada e é empregada todos os días por milleiros de persoas que teñen que pagar unhas peaxes absolutamente abusivas, se o Estado transferise esa autoestrada poderiamos decidir sobre maneira de xestionala e sobre os prezos que pagamos por usala

Ler nova