alfonso-molina
A innecesaria ampliación da avenida da Vedra, os paracaidistas e as políticas de cemento e formigón... mais a mobilidade segue esquecida

A innecesaria ampliación da avenida da Vedra, os paracaidistas e as políticas de cemento e formigón... mais a mobilidade segue esquecida

O PP quere tirar réditos electorais a golpe de chequeira anunciando grandes obras e infraestruturas desde o Goberno do Estado mais sen atender realmente os problemas de mobilidade

Reafirmámonos en que non é tal a necesidade da ampliación da avenida da Vedra 

Diante dos problemas reais de mobilidade na Coruña e na área metropolitana, para nós a solución é planificar un transporte público intermodal cun servizo de proximidade por tren e cun autobús pensado para cubrir as necesidades da xente

Entendemos que a solución para a aliviar o tránsito na Vedra non é ampliar carrís senón repartir antes o tráfico coa conexión da AP-9 co aeroporto e, polo tanto, coa Terceira Rolda

Queremos advírtelle ao Partido Popular que se equivoca se pensa que as coruñesas e os coruñeses van esquecer coa súa chequeira que o Estado pretende vender por anacos a cidade (terreos do Campo da Estrada, os terreos da Solana e do Finisterre, peiraos interiores etc), que temos serias deficiencias nos servizos ferroviarios para conectarnos coa comarca ou que precisamos investimentos que redunden no emprego como o da limpeza da ría do Burgo ou a conexión ferroviaria do Porto Exterior, para os que non se dá tanta presa o Goberno de M.Rajoy

Ler nova

Desmontando a suposta necesidade da ampliación da Vedra

Iniciamos unha campaña para facer fincapé en que as solucións aos problemas reais de mobilidade da Coruña e da súa área urbana pasan por priorizar o transporte público intermodal sobre o asfalto e o coche: unha mobilidade do século XXI

Co primeiro dos vídeos presentado hoxe, desmontamos a suposta necesidade da ampliación da avenida da Vedra e incidimos en que as solucións aos problemas reais de mobilidade na Coruña e na súa Area Metropolitana pasan por apostar por un transporte público intermodal fundamentalmente a través dun servizo de proximidade por tren e por autobús

Entendemos que en determinadas ocasións na avenida de Alfonso Molina pode haber retencións debidas a alcances mais a realidade diaria é a que amosamos no vídeo que hoxe presentamos: pódese percorrer a avenida de xeito fluído, sen retencións ou paradas, respectando os límites de velocidade e cun transito de vehículos normalizado en 5 minutos, algo que desmonta a teoría do seu colapso permanente e que so responde a intereses especulativos de Audasa defendidos polo Partido Popular e o Ministerio de Fomento

Ler nova
O Salvamento nas praias, o IMCE e a seguridade en Alfonso Molina as nosas preguntas orais de xuño

O Salvamento nas praias, o IMCE e a seguridade en Alfonso Molina as nosas preguntas orais de xuño

Estas son as nosas preguntas para a súa resposta oral que facemos para o Pleno ordinario de xuño: o servizo de Salvamento e Socorrismo en praias, os gastos con reparo de intervención do IMCE e a seguridade viaria  no tramo de competencia municipal de Alfonso Molina

Xa que logo, pasados dous meses desde que puxemos en coñecemento ao Goberno municipal os incumprimentos que detectamos no servizo de Salvamento de Socorrismo nos areais da nosa cidade, e sen contestación algunha nin actuacións por parte do Executivo, levamos a Pleno a nosa denuncia para que se dea cumprida resposta e se aclare se a empresa concesionaria seguirá realizando o servizo

Tamén queremos aclaracións sobre os gastos que acumula o Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) que teñen reparos da intervención e sobre os mecanismos que pensa tomar o Executivo local para evitalos e sobre as medidas concretas a respecto da seguridade para peóns e vehículos que a concellaría de Mobilidade pensa implementar nos tramos de competencia municipal da avenida da Vedra

Ler nova