Alexandra Fernández
Novas
Alexandra Fernández no Pleno

PP e PSOE unen os seus votos para tombar a iniciativa do BNG sobre As Percebeiras

PP e PSdeG acaban de tombar no Parlamento galego a proposición non de lei presentada polo BNG para instar a Xunta a someter o Plan Especial de Labañou M-18 -coñecido popularmente como “As Percebeiras”- ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica ordinaria, e non pola vía simplificada como está previsto, co obxectivo de poder avaliar así pormenorizadamente un plan que vai ter un “impacto terríbel” na fachada litoral e na paisaxe urbana da cidade.
Ler novas
Vídeo

A nosa cámara, nas Percebeiras

A nosa deputada no Parlamento galego Alexandra Fernández vai levar a voz da veciñanza de Labañou ao Parlamento galego: non queremos máis un muro de cemento na beiramar. Os ecos do pasado -, os pelotazos, a especulación urbanística a custa do ben común- ímolos deixar ben atrás.
Ler novas