investigacion
A xestión dos centros oceanográficos na Galiza

A xestión dos centros oceanográficos na Galiza

Logramos o apoio da cámara para reclamar a transferencia dos institutos oceanográficos da coruña e vigo

A nosa deputada Motnse Prado lembrou un acordo anterior de 2016 que non chegou a nada, mentres o Estado está desmantelando estes centros vitais para o sector da pesca

Ler nova
Apostamos pola investigación e os proxectos e denunciamos a precariedade do Instituto Oceanográfico da Coruña

Apostamos pola investigación e os proxectos e denunciamos a precariedade do Instituto Oceanográfico da Coruña

Presentamos unha moción en defensa da investigación e en apoio das traballadoras e traballadores do centro do Instituto Español de Oceanografía da Coruña

Trasladaremos ao Pleno ordinario de abril a proposta de instar a Xunta de Galiza o pedir o traspaso de competencias para a total xestión económico administrativa dos centros do IEO hoxe en día en Galiza co obxecto de que pasen a formar parte da estrutura propia da Xunta

A centralización na toma de decisións, a imposición de técnicos económicos para o control de gastos, os recortes desmedidos e a nefasta e burocrática xestión realizada desde Madrid dá como resultado unha mingua sen precedentes en investigación e proxectos. Estanse a producir situacións tan esperpénticas como que as solicitudes de autorizacións para as saídas científicas ao mar se retrasen máis dun mes e medio, cando estas saídas dependen das condicións meteorolóxicas e marítimas, polo que as autorizacións se deberían dar no prazo das súas predicións. Isto provoca a paralización encuberta das saídas e do traballo investigador do cadro de persoal

Ler nova