mercado-das-cunchinas
Novas
Momento no que a nosa concelleira Avia Veira fala con representantes da Asociación do  Mercado das Cunchiñas e da Asociación Veciñal da Agra no propio mercado

Queremos máis investimentos e máis actuacións na Agra

Recollemos na Agra do Orzán as demandas e reivindicacións da súa veciñanza

Fixemos esta mañá un percorrido polas rúas deste barrio no que puidemos comprobar a súa situación, participamos da veciñanza das necesidades de actuación inmediata e falamos con comerciantes e praceiras do mercado das Cunchiñas

Recomendamos ao Goberno municipal comezar a visitar máis os barrios e a facer menos publicidade. Na Agra, entre outras moitas actuacións, cómpre aumentar os investimentos e facer actuacións inmediatas nas rúas e nas prazas: sobre a accesibilidade, sobre a mobilidade, reposición e mantemento do mobiliario urbano, esixir que se cumpra o soterramento de cables co que ten que a ver ordenanza municipal de gabias, nas redes de sumidoiros, para a mellora das zonas infantís ou mesmo de apoio ao pequeno e mediano comercio, nomeadamente no mercado da Cunchiñas

Xa avanzamos que ao longo dos próximos días presentaremos unha batería de iniciativas para dar resposta a todas as demandas que hoxe nos trasladaron as veciñas e veciños do barrio

Ler novas