areas-infantis
Novas
Momento da rolda de prensa no que David Pena e Avia Veira ensinaban o progreso de execución de obras anunciado para 2016

Non era sen tempo que a área de Rexeneración Urbana comezara a licitar, por fin, varias das 57 actuacións

Tras acceder nas últimas semanas ao perfil do contratante constatamos que algunhas das actuacións prometidas para 2016 comezan a ser licitadas mais consideramos improcedente que sexa a través da nosa fiscalización e control que o Goberno da Marea se vexa obrigado a actuar nos barrios e que non sexa por iniciativa propia e en cumprimento das súas promesas   

Que nas últimas semanas se estean a sacar no perfil do contratante licitacións das obras anunciadas para 2016, xusto agora que o orzamento para 2017 aínda non está aprobado definitivamente, evidencia que o argumento empregado pola concellaría de Rexeneración Urbana, da necesidade de ter un orzamento cos investimentos asignados, era infundado e falso: estas actuacións se realizan en base os cartos de 2016, polo que a non realización das obras para cando se anunciaron só foi provocado pola ineficiente xestión de Xiao Varela da súa área

Instamos o Executivo local a que presenten que propostas doutras actuacións pensan realizar neste ano independentemente do cumprimento das intervencións anunciadas para 2016

Ler novas
Novas
Mapa de seguimento das actuacións prometidas e non realizadas

O 95% das actuacións nos barrios anunciadas polo Goberno municipal para 2016 non foron completadas

Presentamos esta mañá un informe de seguimento sobre as 57 actuacións anunciadas dentro do Plano de Intervención Urbana para 2016 das cales só 3 foron realizadas integramente

As actuacións anunciadas desde a concellaría de Rexeneración Urbana e Dereito á vivenda atendían as áreas, entre outras, de mellora de vías e espazos públicos, mobilidade, accesibilidade, iluminación, saneamento ou rehabilitación, obras necesarias e urxentes, que chegaron a cualificarse como «demandas históricas dos barrios»; preguntámonos porque non se realizaron cando se anunciou a bombo y platillo que ían a ser licitadas e executadas antes de 2017

Consideramos inadmisíbel que o Goberno da Marea, que se laia constantemente dos bloqueos que sufre da oposición, non executara nin tan sequera as actuacións que o propio Executivo avanzou que realizaría ao longo de 2016, e xa co orzamento aprobado, e cuestionamos a capacidade dos responsábeis da concellaría, mais preocupados pola propaganda que polas actuacións reais nos barrios, que volven a estar abandonados durante este mandato

Ler novas