O Sr. Negreira rexeita dar conta no pleno dos resultados dun informe do Conde de Fenosa

O Sr. Negreira rexeita dar conta no pleno dos resultados dun informe do Conde de Fenosa

A Coruña, 2 de marzo de 2014.- O Goberno do sr. Negreira non só adxudicará ao arquitecto Carlos Trabazo o proxecto técnico de legalización e de execución de obras de demolición do edificio Conde de Fenosa (licitada dita contratación mediante procedemento negociado e por un importe de 72.600 euros), senón que non dá conta no Pleno dos resultados do informe que lle encomendou a este mesmo arquitecto en novembro de 2014 por valor de 7.253 euros.

O informe de novembro, encargado polo Goberno Municipal, tiña por finalidade analizar a situación urbanística do edificio e o axuste ao planeamento. Por tanto, o Goberno Local debería saber cal é o seu resultado e contestar as preguntas que lle fixo o portavoz nacionalista no transcurso do pleno en relación a que cumpre e que non cumpre o edificio Conde de Fenosa para o cumprimento das resolucións xudiciais e a súa legalización; cales son as obras necesarias de demolición para axustar o edificio ao planeamento; e se o PXOM de 2013 ampara ou non a legalización total do edificio. Mais o Goberno Local nada contestou.

Este silencio gobernativo motivou que o Grupo Municipal do BNG solicitase este mesmo mediodía o acceso ao informe de novembro de 2014 para coñecer o resultado deste traballo.

O Sr. Negreira rexeita dar conta no pleno dos resultados dun informe do Conde de Fenosa