Imprimir

Solicitamos ao Goberno local a retirada dun niño de avespa velutina do campo municipal da Leyma

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 19 de Septembro de 2018

Zona no campo da Leyma onde está localizado o niño de avespa velutina
Zona no campo da Leyma onde está localizado o niño de avespa velutina

Este niño xa se ten detectado e denunciado desde hai máis dun mes

Vimos de solicitar ao Goberno municipal a retirada con urxencia dun niño de avespa velutina detectado no interior do campo de fútbol da Leyma.

Na nosa iniciativa indicamos que este niño, localizado a tres metros do propio campo onde se celebran adestramentos e competicións, ten mesmo na actualidade un valado perimetral que impide o achegamento da xente.

Hoxe en día estas instalacións son empregadas por máis de 250 rapazas e rapaces e máis 150 adultos que  acceden de forma cotián ao propio campo.

Dáse a circunstancia que este niño está localizado na zona máis próxima aos edificios da contorna da propia instalación municipal, téndose xa rexistrada algunha denuncia por parte da veciñanza xa que logo non poden abrir as fiestras pola incidencia de varios abázcaros desta especie. É por isto que instamos o Goberno municipal a que realice as accións necesarias, e actúe á maior brevidade, para eliminar este niño de avespa velutina.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/solicitamos-ao-goberno-local-retirada-dun-nino-avespa-velutina-do-campo-municipal-da-leyma/20180919094352008034.html


© 2018 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal