DIVERSIDADE

Os servizos de atención á diversidade do Concello da Coruña non se están a se prestar desde este mes

A praza de María Pita "tomada" o Día do Orgullo deste ano
A praza de María Pita "tomada" o Día do Orgullo deste ano

Preguntámoslle ao Goberno da Marea Atlántica que aconteceu co Servizo de Diversidade e demandamos do Executivo que aclare se non considera este servizo como necesario

Non somos quen de comprender como este servizo está sen atender: o Goberno municipal debe garantir que este servizo sexa prestado e poñer todo o seu empeño para que así se faga. Esiximos que se repoña á maior brevidade

Os servizos de atención á diversidade do Concello da Coruña non se están a se prestar desde este mes

Vimos de lle preguntar ao Goberno local polo servizo de Diversidade logo de que este, desde este mes, deixara de se prestar.

Deste xeito, presentamos esta mañá unha batería de preguntas (que podes descargar aquí), xa que logo a contratación do servizo denominado “Espazo diverso: Servizo de atención ás persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais, queer e intersexuais –LGTBQI en asuntos relacionados coa diversidade sexual, os dereitos humanos e a igualdade efectiva no municipio da Coruña” quedou deserto, despois da súa nova licitación, o que deu lugar a que a Concellaría de Igualdade e Diversidade deixara de prestar estes servizos de diversidade que se viñan desenvolvendo desde finais de 2016.

Así, cabe salientar que o propio prego técnico da oferta de contratación declaraba que o “Espazo Diverso” debía ser “entendido como un espazo municipal das diversidades sexuais e identidades de xénero do Concello da Coruña, e que formará parte do Programa municipal LGTBQI da Concellaría de Igualdade”, polo que a decisión de non realizar a prestación, independentemente de que a nova contratación quedara ser adxudicar, significa unha renuncia efectiva á políticas de Diversidade, algo intolerábel a calquera Goberno ou Administración.

Lembramos que este servizo ten por obxecto, entre outras, a formación e sensibilización á cidadanía en xeral e aos profesionais que traballan nos ámbitos escolar e socio educativo: persoal dos distintos servizos municipais, centros educativos, deportivos, de orientación e procura de emprego, etc. Ademais, tamén como funcións deste servizo está o apoio e divulgación de todas aquelas actividades e as accións de celebración de días internacionais relacionados co colectivo de forma que se realicen diversas accións para contribuír a concienciar, informar e dar visibilidade aos dereitos das persoas LGTBQI. É un servizo necesario e fundamental que o Concello da Coruña debe garantir independentemente de calquera circunstancia puntual. Non somos quen de comprender como este servizo está sen atender: o Goberno municipal debe garantir que este servizo sexa prestado e poñer todo o seu empeño para que así se faga. Esiximos que se repoña á maior brevidade.

Deste xeito, solicitámoslle ao Executivo da Marea Atlántica que explique, entre outras cuestións, por que non se está a prestar o servizo, que medidas se están tomando para a atención dos colectivos mentres non existe esta prestación e se non o considera fundamental.

A Coruña, 20 de xullo de 2018.

Os servizos de atención á diversidade do Concello da Coruña non se están a se prestar desde este mes