Imprimir

Reclama contra a ordenanza fiscal do tratamento do lixo!!!

BNG da cidade da Coruña | 12 de novembro de 2013

lixoO BNG anima o pobo a presentar reclamacións á ordenanza fiscal nº 6, de tratamento do lixo. As nacionalistas piden que se revisen as tarifas desta ordenanza fiscal en función do tratamento (incluída a reciclaxe) real e efectivo actualmente existente do lixo e dos residuos urbanos.

É inadmisíbel que esteamos a pagar por un servizo, o da reciclaxe, que a concesionaria municipal non está a prestar. Para evitar esta estafa social, cubre a reclamación e entrégaa ben na Oficina do Grupo Municipal do BNG en María Pita, ben no local comarcal do BNG (Rolda de Outeiro, 62), ben nalgúns dos rexistros municipais do Concello.

Pincha e descarga o modelo de reclamación:

RECLAMACIÓN ORDENANZA FISCAL LIXO

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/outras-novas/reclama-ordenanza-fiscal-do-tratamento-do-lixo/20131112162611004630.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal