FEMINISMO

Propoñemos que o Concello da Coruña condene de xeito contundente e sen paliativos a sentenza contra La Manada

Os cinco violadores que conforman "La Manada"
Os cinco violadores que conforman "La Manada"

Solicitamos esta mañá que o Pleno da Corporación elabore e aprobe unha Declaración Institucional de condena á sentenza de La Manada

Cremos que as administracións non deben quedar impasíbeis e que deben de ter unha actitude decidida contra este tipo de sentenzas que amosan un evidente menoscabo contra a liberdade das mulleres polo mero feito de ser mulleres e de inxustiza fragrante cunha perda sen precedentes dos dereitos das persoas

Propoñemos que o Concello da Coruña condene de xeito contundente e sen paliativos a sentenza contra La Manada

Vimos de solicitar esta mañá mediante unha iniciativa (pode descargala aquí) para que o Pleno da Corporación elabore e aprobe unha Declaración Institucional de condenada contra da sentenza núm. 000038/2018 da Sección Segunda da Audiencia Provincial de Navarra no caso coñecido como “La Violación de La Manada” e de apoio e solidariedade coa rapaza obxecto da brutal violación sufrida por parte dos cinco acusados.

Cremos que as administracións públicas non poden quedar ao marxe desta sentenza, actuando con contundencia e amosando a súa indignación, en similitude, reflexo e espello da sociedade civil que masivamente ocupou as rúas demandando xustiza para a rapaza violada.

Así xa fixo a propia fiscalía de Navarra que xa adiantou que recorrera á sentenza. E como así debe facer, no ámbito das súas competencias, e no marco das súas posibilidades e atribucións o Concello da Coruña aprobando unha Declaración Institucional contundente en contra á sentenza de La Manada.

A reacción social ante o dislate que supón a sentenza non se fixo agardar e ao longo do mesmo día, e en diferentes cidades, vilas e pobos de Galiza, e do Estado español, miles de veciñas e veciños saímos á rúa a evidenciar a nosa indignación e rexeitamento ao que consideramos unha inxustiza fragrante e unha perda sen precedentes dos dereitos das persoas e de menoscabo contra a liberdade das mulleres polo mero feito de ser mulleres.

A Coruña, 26 de abril de 2018.

Propoñemos que o Concello da Coruña condene de xeito contundente e sen paliativos a sentenza contra La Manada