Imprimir

Preguntamos pola colaboración que se vai prestar desde o Concello a Acampa 2020

bngcidadedacorunha.opennemas.com | 11 de febreiro de 2020

A concelleira do BNG Avia Veira dirixiu unha pregunta por escrito ao Goberno Local en relación á colaboración que se pensa prestar desde o Concello á rede Acampa, unha iniciativa cidadá constituída en 2017 e que desde entón vén organizando Encontros Cidadáns sobre a situación das persoas refuxiadas e o respecto aos Dereitos Humanos.

Quere saber a concelleira nacionalista se o Goberno Local ve nestes encontros unha iniciativa necesaria "para concienciar a sociedade dun problema a nivel internacional como é o das persoas refuxiadas".

"Non cre o Goberno Municipal que fronte aos discursos de odio e xenófobos que están a rexurdir en Europa e no Estado español, e que están a prender en moita xente especialmente en situacións precarias e na mocidade, é fundamental a información e sensibilización?", pregunta Veira.
 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/preguntamos-pola-colaboracion-vai-prestar-concello-acampa-2020/20200211144637008488.html


© 2020 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal