Imprimir

O PP leva no seu programa para as Europeas adiar o saneamento e a rexeneración da ría do Burgo

BNG da cidade da Coruña | 25 de marzo de 2014

A Coruña, 24 de marzo de 2014.- O Grupo Municipal do BNG denuncia que despois do desleixo e incumprimentos das administracións da Xunta de Galiza e do Goberno central ante o problema medioambiental de primeira orde que vive a Ría do Burgo e a nula vontade política destas administracións, gobernadas polo PP, para a sanear e rexenerar integralmente, o Partido Popular leva no seu programa electoral para as eleccións europeas seguir adiando estas medidas e inclusive, no caso de incumprimento dos prazos, este non supoña sancións económicas.

E é que no programa electoral presentado o sábado polo presidente da Xunta, o Sr. Feijoo, sinala entre os seus compromisos de Política Medioambiental, páxina 28, o seguinte: “14. En cuanto a la directiva de depuración, trabajaremos para que la Unión Europea sea más flexible, en atención a los plazos y las circunstancias, de modo que los procedimientos relacionados con el incumplimiento de plazos no lleguen a suponer sanciones económicas”.

Así, despréndese que nin sequer para o ano 2015, prazo trazado para que a UE non sancione ao Estado, a Ría do Burgo estaría saneada, prorrogando, xa máis de quince anos, a adopción destas medidas cando a Unión Europea censurou no ano 2000 a actitude das autoridades sobre o destino dos cartos para sanear as rías e o seu estado.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/destacadas/pp-leva-no-seu-programa-europeas-adiar-saneamento-rexeneracion-da-ria-do-burgo/20140325143116004889.html


© 2021 Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Bloque Nacionalista Galego da Coruña

Rúa Damas 4, baixo.
15001, Cidade Vella, A Coruña.
Teléfono: +34 981 168 977 - +34 669 381 398
Correo: bngacorunha@gmail.com - bng@coruna.gal - bngacoruna@bng.gal